ை Faltan 7 días para a manifestación da Sanidade viguesa e algo parece estar a fallar.

ilcanallarubens_PorqueNoSomos4Gatos_SanidadePublica_Vigo_2015

Faltan 7 días para a manifestación da Sanidade viguesa e algo parece estar a fallar ou non, todo depende do ollo con que se mire.

Os programas “especializados” da actualidade nacional das cadeas privadas nacionais como Telecinco + Cuatro e Antena 3 + laSexta non están falando da loita que esta tendo os opositores do partido que esta gobernando Galiza como tamén os profesionais da sanidade viguesa e sindicatos como unha pouca representación cidadá.

Nin Las mañanas de Cuatro, nin el Programa de Ana Rosa, nin Espejo Público, nin Al Rojo Vivo, nin Mas Vale Tarde, nin Un tiempo Nuevo e nin La Sexta Noche non dan nin un minuto do que esta acontecendo na cidade de Vigo ao respecto da sanidade.

Non falemos de publícalas como TVE e TVG que ao parecer non é un asunto que interese á nación española ou galega, seria un milagre digno como os que din que existiron nun ámbito relixioso.

Menos mal que aínda que lle doa aos de Vigo, eses que ten a síndrome anti CORUÑA, a Voz de Galicia xunto á súa canle de televisión V Televisión é os que están a dar unha cobertura digna e respectable, mentres que o diario oficial e centenar Faro de Vigo dá unha cobertura moi medida e moi a destempo, xa que esta loita da sanidade Viguesa leva en pé dende hai 5 anos, cousa que Faro de Vigo só cubriu e dado voz ás manifestacións “grandes” feitas ata a data, ou collen informacións de terceiros que cubren de verdade o que esta a pasar na cidade poñendo no seu portal web videos e fotos collidas das redes sociais ou Twitter.

Hoxe os traballadores do novo hospital de Vigo rebentaron a visita da conselleira de Sanidade Rocio Mosquera, os noticieros a nivel nacional das cadeas privadas non deron mención ningunha a este escrache á conselleira. Neste escrache vivíronse momentos de tensión cando varios policías de paisano se encararon con enfermos que trataban de abordar o titular de Sanidade de la Xunta.

É indignante que nin unha soa canle de televisión nacional mostrase o devandito escrache, seica Vigo non é a meseta e non ten tanto interese a nivel informativo coma outras grandes cidades da nación española.

Non sei, pero ao parecer algo falla cando non se sae na televisión a panorama nacional. Tal como dixen nun estracto dun artigo de opinión que publiquei a semana pasada:

O día 3 de setembro esta convocada unha manifestación que parte dende o Hospital Xeral as 20h cara á porta do Sol, temome vendo o que pasou esta semana pasada o xoves día 20, houbo unha pequena mobilización concentración en forma de ensaio na entrada do Xeral á cal asistiron moi poucas persoas. Vídeo do día 20 aqui

Non me explico que esta sucedendo en Vigo, non sei porque cidadanía non se mobiliza cando hai que facelo? non sei porque a cidadanía a pasa nas redes criticando tal e criticando cual pero non demostra tal critica cando hai que facelo? non sei porque a xente non ve que isto do novo hospital as nosas vidas están supeditadas facer un copagamento en modo de transporte público e no seu aparcadoiro? non sei como a xente non se dá de conta de todo o que esta pasando? non sei! tan mal fixo o Virus Abel?? non sei pero sempre o direi, onde vai Abel todo deus e deusa vai, teremos un novo deus na pequena Detroit Viguesa? ao parecer si, xa que o seguen como se foxe unha imaxe relixiosa.

Ogalla que non me confunda co que direi agora pero… temome ca manifestación do dia 3 vai ser un fracaso en modo de pouca asistencia cidada. Vigo deixou de ser esa cidade do NORTE da península ibérica loitadora e o REFERENTE a nivel da nación galega.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: