ை Carta da Asociación Galega de Matronas

ilcanallarubens_Asociación Galega de Matronas_Carta_Vigo_2015

As irregularidades e erros do bloque obstétrico do novo hospital de Vigo: (por favor compartir, é necesario solucionar estes erros) Esta carta foi enviada á Conselleira de Sanidad, ao Presidente da Xunta, á Xerencia do CHUVI, ao Concello, ao servizo de Medicina Preventiva do CHUVI.

Na visita guiada para coñecer o noso servizo, o bloque obstétrico, no hospital Álvaro Cunqueiro, puidemos observar carencias importantes que aquí pasaremos a expoñer.

O Hospital de Día Obstétrico, onde se realizan os controis ao final do embarazo, fora obviado no deseño inicial do hospital, e rematou por resultar a catro plantas de distancia e no lado oposto do paritorio e quirófanos. Isto é unha neglixencia xa que existen diferentes ocasións nas que é necesario trasladar a paciente de forma urxente ao quirófano. Esta situación soluciónase situando este espazo dentro do bloque obstétrico, ou o máis preto posible.

En Urxencias Obstétricas, onde se reciben pacientes que veñen por diferentes motivos (rotura de bolsa, cólicos nefríticos, sangrados, vómitos persistentes, etc.) e que ás veces requiren sueroterapia, analíticas de sangue e ouriños, monitorización fetal, etc., tendo que pasar varias horas nestes boxes, sen que existan baños e lavabos nos cuartos obrigando a que as pacientes acudan ao baño da sala de espera na que tamén se encontran os acompañantes. Esta situación debe ser solucionada engadindo baños en todos os cuartos.

A Reanimación do Recén Nacido por cesárea, ou Parto Instrumental, está fóra do bloque cirúrxico, cando debería encontrarse dentro do propio bloque, nada máis saír do quirófano onde debería estar a esperar o equipo pediátrico.

O cuñero das doce salas de dilatacion encóntrase na zona limpa do bloque cirúrxico, xusto en fronte das entradas a quirófanos, co conseguinte paseo de persoal con material sucio despois de pasar polo extenso corredor das dilatacións.

As pacientes que quedarían ingresadas tanto en paritorio coma no servizo de obstetricia, terían que pasar cos seus acompañantes por toda a sala de espera e atravesar o paritorio.

Atentamente

María Rosa Iglesias García [Matrona do paritorio do CHUVI]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: