ை Testemuño da filla dunha paciente do novo hospital de Vigo

ilcanallarubens_Hospital Álvaro Cunqueiro_Vigo_2015_Fachada

Chámome Lorena Rodríguez o que vos vou contar non é unha historia que lin nos medios de comunicación ou escoitei a un amigo… O que vos vou contar é unha vivencia en primeira persoa. Onte a miña nai tiña unha consulta co anestesista no centro hospitalario Meixueiro. Debido á súa gravidade é derivada ao servizo de urxencias. Alí deciden o seu traslado ao novo Hospital Álvaro Cunqueiro, onde a deixan ingresada.

En urxencias do Meixueiro puiden comprobar o desespero non só dos pacientes se non dos PROFESIONAIS da medicina… Non quero deixarme a ninguén atrás, pero simplemente quero agradecerlles todo o esforzo e dedicación que fan para desempeñar o seu traballo en tan pésimas condicións. Quería agradecerlles eses sorrisos, a pesar das adversidades… Pode soar drástico, quizais o sexa, pero a realidade é que estes profesionais dirixidos por uns incompetentes se viron na obriga de dobrar quenda, de traballar nunhas condicións precarias, sen información, sen medios nin recursos… Todo isto non llelo pagan, pero sí que se levan á casa a angustia de saber que non poden desenvolver o seu traballo, lévanse á casa o malestar de ver como se está desmantelado a sanidade pública dunha forma demoledora… Quería dar as grazas pola vosa dedicación, por perdóelos que tivemos que escoitar porque non tiñades información e non podiades contestar ás nosas preguntas.

Ao chegar ao novo hospital, ese edificio tan espectacular que como nos comentaron os traballadores “Moi bonito pero carece do IMPORTANTE” encontrámonos cunhas graves deficiencias na planta de cardioloxía. Non hai auga para os pacientes, nin sequera para tomar a medicación (tendo que ir á cafetaría a comprala). A hora da cea se atraso considerablemente. A comida é de mala calidade, requentada (ao parecer non hai cociña no novo hospital). O timbre de aviso das enfermeiras non funciona o que leva consigo que o meu irmán teña que quedar coa miña nai para atendela pola noite. O aparcadoiro do hospital ten unhas tarifas abusivas… terédelo escoitado un millón de veces pero por catro horas 8€, sen falar do que teñen que pagar os que quedan a durmir. Porque sabedes, non hai aparcadoiro gratuíto neste novo hospital. Moitas zonas verdes para facer marabillosos xardíns pero non para facer aparcadoiros gratuítos.

Hoxe a cardióloga comunícanos que o servizo de UCI e cirurxía cardíaca (non sei se é correcto a súa nomenclatura) non se encontra neste hospital, é dicir, o traslado detívose e permanece no hospital do Meixueiro. A miña nai é unha paciente que necesita ser operada de corazón. A súa gravidade é considerada de nivel 1 (moi grave). Encontrámonos ante unha grave neglixencia, ela encóntrase hospitalizada nun hospital no que non ten UCI cardíaca, nin sequera os medios para operala. Tiveron que reprogramar as operacións e mínimo ten como tempo de espera unha semana.

No caso de que a miña nai tivese unha urxencia neste centro e necesita unha intervención, O Álvaro Cunqueiro non ten os medios suficientes para tratala como necesite e garantir a súa saúde.

Eu pregúntome que manda máis” foi o que permitiu e dirixido o traslado dunha planta sen asesorarse, verificar nin comprobar que o hospital non estaba nin preparado nin dotado para recibir pacientes… Os profesionais médicos víronse obrigados a traballar nestas condicións, a soportar as nosas queixas, eles están igual de superados ca nós. Intentan poñer un pouco de orde ante o caos, de esperanza ante a desesperanza… Estanse a cometer atropelos cara aos dereitos dos cidadáns, pacientes, profesionais da mediciña… Ante todos e todas.

Debemos de loitar por unha sanidade pública e digna.

Grazas a todos os heroes (dende o persoal de limpeza, ats, médicos, enfermeiras, celadores, condutores de ambulancia, auxiliares… A todos e todas) Grazas polas vosas ganas de seguir loitando por nós aínda que volo poñan imposible.

Hoxe trátase da miña nai pero todos sabemos que isto non é unha causa individual… Todos temos unha nai ou un pai ou unha irmanda/ou, un familiar, amigo, parella… Ou mesmo nós mesmos que podemos pasar por todo isto…

Eu trato de contar o que vivín non só por todo o que isto supón para o meu… Que é inexplicable pero me imaxino que todos podedes comprender polo que estamos a pasar e sentindo… Sobre todo os que coñecedes a miña familia e todos os acontecementos últimos. Non quero poñerme melodramática, nin quero facer disto unha causa emocional.

Eu non só teño unha nai e unha familia que estamos a soportar estas neglixencias senón que teño AMIGAS e Familia que son profesionais da medicina. Eu non quero falar do que non se, nin quero poñer na miña boca palabras que escoitei por parte doutros profesionais do mundo da medicina referíndose ás innumerables deficiencias que existen no Alvaro Cunqueiro.

Por sorte, véxome avalada e apoiada por grandes persoas que intentan exercer o seu traballo e por iso quero mostrar o meu máximo apoio.

Porque, estamos a sufrir TODOS. Non podemos permitir os recortes en sanidade, empezando por soldos, por horarios escravos, por material, infraestruturas, medios… están a facer negocio co máis importante que existe a NOSA SAÚDE…

O Álvaro Cunqueiro, non é un hospital, é unha caixa rexistradora de embolsar diñeiro e se nalgún momento se parece a un hospital é polos profesionais que alí dentro se encontran… Eu vin as enfermeiras chorando, os médicos sen palabras… Podería seguir, pero isto é abafador para todos. Estanse a cometer tantas inxustizas, tantas ilegalidades… Estamos a ser expostos a unha serie de irregularidades que a algúns lles pode custar a vida (é forte, pero é a realidade).

Falemos claro dunha vez, sen medos e sen censuras. Gustaríame saber quen é o responsable desta precaria situación. En que momento deixamos que nos manipulen tanto como para permitir que xoguen coas nosas vidas.
A miña nai é unha paciente máis, un número máis que ingresou no novo hospital, un cuarto máis na planta de cardioloxía…

A miña nai é unha nai MÁIS que podería ser a túa. É unha persoa que foi diagnosticada de gravidade, un SCASEST, que é ingresada no servizo de cardiologia do hospital Alvaro cunqueiro esperando unha intervención cirúrxica con carácter MOI PREFERENTE. A miña nai padece unha calcificación coronaria severa. Anxina de peito mesmo en repouso. Encóntrase hospitalizada nun hospital no que non hai UCI cardíaca nin quirofano urxente se fose preciso. O Alvaro Cunqueiro non ten os medios suficientes para garantir a súa saúde. Debemos esixir que a miña nai, así como os demais pacientes e persoal médico sexan trasladados a un hospital cos medios MINIMOS necesarios para ser atendidos e personalizando esta queixa a intervención cirúrxica que debe padecer a miña nai ten que ser realizada coa prioridade que require, valorando exclusivamente o seu estado de saúde.

É indignante que por culpa dun traslado mal xestionado e en pésimas condicións se poña en xogo a saúde da miña nai e de centos de pacientes.

Queremos saber quen se fai responsable de que sigan hospitalizados no Alvaro Cunqueiro baixo estas condicións.

Rubens Rocha [@Ilcanallarubens]

Fonte [1] [2]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: