ை En Santiago rezan, en Vigo traballan e na Coruña se divirten

ilcanallarubens_SantiagoReza_VigoTraballa_CoruñaDibertese_Estudo_2015

Nunca mellor dito o refrán de que ‘En Santiago rezan, en Vigo traballan e na Coruña se divirten’ despois de coñecer que os galegos consideran que A Coruña é a mellor cidade do país para divertirse e para vivir, segundo se reflicte no estudo Mercociudad sobre as potencialidades da cidade herculina.

Non obstante, A Coruña pasa a segundo lugar cando se pregunta aos galegos pola mellor cidade da comunidade para visitar e estudar, en favor de Santiago de Compostela; e pola mellor para traballar e facer negocios, en favor de Vigo.

O estudo reflicte tamén que a nivel estatal A Coruña ocupa o posto 16 entre as mellores cidades españolas, o doce entre as mellores cidades para divertirse, o 18 entre as mellores para facer negocios, o trece para traballar, o 24 para visitar e o vinte para vivir. Un dato que contrasta coa opinión dos propios coruñeses, que ven a súa cidade a terceira mellor de España, despois de Gijón e San Sebastián.

O mellor da Coruña para o 17 por cento dos coruñeses é o mar e a praia; seguido de que é bonita para un 11,3 por cento; a súa tranquilidade, para un 10,4 por cento; a súa xente, para un 8,5 por cento ou os seus monumentos, para un 6,6 por cento. Mentres, o 15,5 por cento dos galegos cren que o mellor da Coruña é o mar e a praia; o 12,6 por cento, a súa tranquilidade; o 10,4 por cento, os seus monumentos; e o 8,3 por cento o seu tamaño.

A nivel estatal, os españois cren que o mellor da Coruña é a súa tranquilidade (nove por cento); o seu clima, o mar e a praia (o 7,8 por cento); o seu tamaño (o 7,4 por cento); a súa xente (6,8 por cento); a súa boa comunicación (un 6,2 por cento); as súas zonas verdes (un 5,8 por cento); porque é bonita (un 3,7 por cento); e pola súa limpeza (un 3,2 por cento).

Pola contra, coruñeses, galegos e españois coinciden en que o tráfico e os atoamentos son o peor da cidade; seguido pola sucidade e a falta de limpeza. Despois os coruñeses ven que os principais defectos da súa cidade son o transporte público, a dificultade para encontrar emprego e o clima; os galegos o clima, o mal estado das beirarrúas e as obras; e os españois a delincuencia, a falta de seguridade e o transporte público.

A pesar diso, o 64,7 por cento dos coruñeses están moi satisfeitos coa súa cidade e o 29,4 por cento estano bastante; mentres que o 51,2 por cento dos galegos elixirían A Coruña para vivir; unha decisión que tamén tomarían o 51,1 por cento dos españois. De feito, os coruñeses cualifican á súa cidade cun 7,84; mentres que os galegos a puntúan cun 7,39 e os españois cun 7,35.

Rubens Rocha [@Ilcanallarubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: