ை Acordos trampa dos bancos para evitar eliminar a cláusula chan e devolver o pagado

ilcanallarubens_stopCLAUSULACHAN_Setembro_2015
En vista de que os bancos están a perder nos xulgados os casos por cláusula chan e os están a obrigar a anular a cláusula chan e devolver o pagado, estes pensaron un novo xeito de seguir aproveitándose dos clientes e é mediante “acordos trampa”.

Estes “acordos trampa” permiten rebaixar, quitar temporalmente, ou deixar de aplicar a cláusula chan nas hipotecas ata o final do contrato. Non obstante ao chegar a este tipo de acordos obrígase a renunciar a todo o pagado de máis e ademais se se asina o acordo non permite tampouco non a eliminar totalmente pois unha suspensión (ou inaplicación) da cláusula chan non é o mesmo que a súa eliminación total pois non produce os mesmos efectos.

A banca, desesperada polas derrotas que está a obter nos xulgados, lanzouse a ofrecer estes acordos trampa. Mesmo algúns bancos como La Caixa o están a ofrecer de forma masiva. Ademais nestes momentos gañar unha demanda por cláusula chan é máis doado aínda porque o Tribunal Supremo teñen fixado a doutrina polo que a nulidade e a retroactividade dende maio de 2013 se consegue sempre que houbese falta de transparencia cousa que pasa sempre.

Ante estes intentos desesperados dos bancos aconsellámosvos que non asinedes nada antes de consultalo pois asinar un acordo deste tipo significa perder moitos miles de euros e a posibilidade de eliminar a cláusula chan. Ademais se recibides unha carta do banco dicindo que vos rebaixan ou vos deixan de aplicar a cláusula chan tamén recomendámosvos que contactedes coa PAH (ou cun avogado) para que o banco non vos engane.

Que bancos están a ofrecer estes acordos trampa?

Na actualidade case a maioría de bancos se lanzaron a ofrecer este tipo de acordos trampa:

– A Caixa: Ofrece a suspensión indefinida en moitos casos pero non devolve nin un euro do pagado de máis pola cláusula chan. É evidente que é unha mala opción pois o pagado de máis pode ir dos 4000 aos 15000 euros que se non se reclaman se perderían. Ademais ao ser unha suspensión unilateral podería volver aplicala La Caixa en calquera momento e tampouco produce ningún tipo de efectos en terceiros.

– Unicaja: Está a ofrecer varios tipos de acordo algúns que rebaixan o interese durante toda a hipoteca e outros que a rebaixan durante uns meses ou anos e logo a suspenden. Tampouco ofrecen ningún tipo de devolución de cantidades así que é totalmente desaconsellable asinar estes acordos sobre a cláusula chan.

– Banco Sabadell: Aos clientes que se queixan ou reclaman ofrécenos a rebaixa de tipo de xuro ou suspensión da cláusula chan. Como nos casos anteriores é unha suspensión e non a eliminación total así que non produce efectos ante terceiros. Ademais non devolven nin un euro mentres os nosos avogados están a recuperar o pagado de máis en todos os casos en moi pouco tempo (uns 7000 euros de media por cada afectado) así que asinar este tipo de acordo é moi moi desaconsellable.

– Banco Popular: Ofrece rebaixas e suspensións da cláusula chan a algúns clientes pero en ningún caso devolve o pagado de máis. Ademais en bastantes casos fai asinar a renuncia de calquera acción polo que non hai que asinar nunca estes acordos que inclúan implícita ou explicitamente renuncia dos nosos dereitos.

– Bankia: Un caso parecido ao do Sabadell, aos clientes que se queixan ou reclaman ofrécenos a rebaixa de tipo de xuro ou suspensión da cláusula chan. Como nos casos anteriores é unha suspensión e non a eliminación total así que non produce efectos ante terceiros. Tampouco devolven cantidades e moitas veces fan asinar acordos e estes inclúen sempre renuncia de accións.

Novamente é totalmente desaconsellable asinar

– BMN (Caja Murcia): Ofrecen acordos de rebaixas e suspensións da cláusula pasados uns meses pero novamente non devolven os miles de euros pagados polo chan de cada caso. Ao non devolver o diñeiro aconsellamos asinar tampouco este tipo de acordos.

– Catalunya Banc: Enviou unha carta aos clientes dicindo que se lles suspende a cláusula chan ao pasar a formar parte do Grupo BBVA. Non obstante non se lles vai devolver o pagado de máis así que recomendamos emprender accións para recuperar esas cantidades cobradas indebidamente que poden ir dende os 4.000 euros ata os 15.000 euros nalgúns casos. Ademais como é unha suspensión podería volver aplicarse e non ten efectos ante terceiros. De feito en bastantes casos estámonos encontrado que cederon o crédito a fondos voitre e que estes non deixarán de aplicar a cláusula chan polo que en todos os casos pode pasar o mesmo. Temos xa máis de 15 afectados por este tipo de cesións e que obviamente están indignados porque se senten totalmente enganados por BBVA /Catalunya Banc.

Rubens Rocha [@Ilcanallarubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: