ை INADMISIBLE SON AS PRÉSAS ELECTORALISTAS

ilcanallarubens_hospitalalvarocunqueiro_2015_Vigo

O hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo é dunha envergadura e proxecto que de facerse ben, pode converternos na cidade cun dos mellores hospitais de España.

O INADMISIBLE SON AS PRÉSAS ELECTORALISTAS por abrilo aínda en precario.

Agora entendo porque dimitiu o primeiro xerente designado para coordinar a súa posta en marcha.
Como calquera obra pública e privada, ha de rematarse e aceptarse de mans do construtor, loxicamente, se fará unha limpeza “obra”, pero deduzo por lóxica, que no caso dunha edificación sanitaria, haberá de facerse unha segunda ou terceira limpeza BIOLOGICA; oASPERGILLUS, reside en TODA a estrutura de nova edificación.

Unha vez recepcionar a obra e a limpeza, ponse en funcionamento modo proba, todo o edificio, sen pacientes e polo tanto sen xogar coas vidas; compróbanse fallos e carencias, e, por suposto non se consulta “con xefes de servizo”, que só saben de despacho, senón coas e os traballadores a pé de cama, padiola e corredores, que son os que realmente saben das necesidades básicas (demencial un só enchufe aos pés dunha cama de UCI, sabendo que mínimo se necesitan tres aparatos distintos para a reanimación e o coidado dun paciente).

Non me imaxino a Barreras, entregando un buque cruceiro e probalo repleto de turistas, non á Boeing probando un avión novo con pasaxeiros reais, ou a Citroën vendendo coches sen probar.
ESIXO que se cumpran correctamente todas as fases, cálculo que esa obra faraónica, necesita SEIS MESES DE RODAXE GRADUAL.

ESIXO que a construtora corrixa todas e cada unha das deficiencias.

ESIXO un estudo do aparcadoiro para suprimir o pagamento de pacientes de longa estanza e un coche por paciente; pacientes pediátricos, tratamentos de oncoloxía e/ou diálise, redución a traballadores.

ESIXO supervisión e máxima esixencia empresas de catering de enfermos.

ESIXO AUGA PARA PACIENTES!

ESIXO apertura de TODAS AS CAMAS PROXECTADAS.

ESIXO autobuses e frecuencias.

ESIXO DIMISIÓNS DOS RESPONSABLES DESTE DESAGUISADO.

ESIXO O HOSPITAL QUE “NOS VENDERON e que COMPRAMOS.

ESIXO O MELLOR HOSPITAL DO NOROESTE PENINSULAR PARA A CIDADE MÁIS IMPORTANTE DO NOROESTEPENINSULAR: VIGO!

ESIXAMOS UN HOSPITAL 100% PÚBLICO tal como o fixo a cidade e bisbarra o día 3 de setembro de 2015 nunha das maiores manifestacións realizadas na cidade ao longo da súa historia.

Rubens Rocha [@Ilcanallarubens]

Fonte [1]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: