ை É mellor o remedio ou a enfermidade.

ilcanallarubens_ICR-Photographer_InfografiaDOaparcadoiroGratuito_HospitalAlvaroCunqueiro_Vigo

O 29 xuño de 2015 foi inaugurado o novo hospital de Vigo e o prezo do estacionamento no novo hospital de Vigo (1,86 euros a hora) eríxese como a maior entre os hospitais do Sergas nas sete cidades galegas máis importantes.

Mesmo antes de comezar o servizo de pagamento, a implantación do párking está a ser un mal trago para os responsables do Sergas. Neste asunto, teñen o Concello vigués, os sindicatos e os traballadores en contra, e, foi un dos motivos da multitudinaria manifestación historica do dia 3. O prezo e as taxas están aí, todo é cuestión de comparar. No párking Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) cóbrase a todos os usuarios (empregados incluídos) 1,80 euros a hora. É a taxa que máis se aproxima á anunciada para Vigo. Contan ademais con diferentes aboamentos: de sete días (35 euros), de 15 (57) e de 30 (90 euros).ilcanallarubens_Zona do hospital Álvaro Cunqueiro_Vigo_Galiza_2015

Mentres, en Vigo o párking situado nos montes de BeadeValadares se poñerá ao mesmo nivel que os da zona nobre da cidade, nos que deixar o coche para irse de compras a Príncipe sae por un prezo similar. No da rúa Colón, a hora custa 1,70 euros; enUrzaiz, 2,10; en Rosalía de Castro, 1,85; na Laxe, 1,70; en Praza da Estrela, 1,75; en Areal, 1,5… Céntimos arriba, céntimos abaixo, as cifras do Álvaro Cunqueiro oscilan entre esas cantidades. O prezo resulta prohibitivo para moitos vigueses.

Ben, despois desta información que escribín pois me xorden unhas dúbidas tremendas, se o concello da Detroit Viguesa fai un aparcadoiro totalmente gratuíto nas dependencias do novo hospital lanzo unhas preguntas:

Canto custara a obra aos vigueses e viguesas? Canto custara o seu mantemento aos vigueses e viguesas? canto custara a indemnización á concesionaria do aparcadoiro privado do Álvaro Cunqueiro polas perdidas pola competencia do aparcadoiro gratuito? lamento non ter a información correspondente a esas preguntas.

Pero a construción dun aparcadoiro público nunha das parcelas de 15.000 mentros cadrados anexa ao centro hospitalario poderiase construir onde na actualidade onde esta o valado? haberia que recordar a xente do común que detras do valado atopase un rió e para facer unha construcción debería lerse o decreto do Regulamento do Dominio Público Hidráulico.

Segundo reza o decreto do Regulamento do Dominio Público Hidráulico:

Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI, VII e VIII do texto refundido da Lei de Augas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo.

Artigo 6. Redacción segundo Real Decreto 9/2008, do 11 de xaneiro.

1. Enténdese por ribeiras as faixas laterais das canles públicas situadas por enriba do nivel de augas baixas e por marxes os terreos que lindan coas canles.

2. A protección do dominio público hidráulico ten como obxectivos fundamentais os enumerados no artigo 92 do texto refundido da Lei de Augas. Sen prexuízo das técnicas específicas dedicadas ao cumprimento dos devanditos obxectivos, as marxes dos terreos que lindan coas devanditas canles están suxeitas en toda a súa extensión lonxitudinal:

1. A unha zona de servidume de cinco metros de anchura para uso público, que se regula neste regulamento.
2. A unha zona de policía de cen metros de anchura, na que se condicionará o uso do chan e as actividades que nel se desenvolvan.

3. A regulación das devanditas zonas ten como finalidade a consecución dos obxectivos de preservar o estado do dominio público hidráulico, previr a deterioración dos ecosistemas acuáticos, contribuíndo á súa mellora, e protexer o réxime das correntes en avenidas, favorecendo a función dos terreos lindantes coas canles na laminación de caudais e carga sólida transportada.

Sería unha opción ou un gasto inútil de recursos económicos? Si seria un gasto inutil de recurosos xa que sería mellor que o diñeiro que se gastara no aparcadoiro en superficie fose totalmente a pagar o que xa está feito, para pagar unha parte da indemnización á concesionaria que explota o aparcadoiro privado para así facelo público. Eu avogaría por iso, e, na zona onde desexa o alcalde poñer o aparcadoiro facer unha gran zona de lezer para os veciños e veciñas de Vigo como unha gran zona verde para o uso e desfrute.

A compensación, recentemente que o concello da cidade de Vigo tivo que compensar con 6,4 millóns á concesionaria dos parkings de JenaroCastelao. Algúns e algunhas estaredes a ler isto diredes que estou en contra dun aparcadoiro ao aire libre e gratuíto pero non é así xa que estou a favor deste pero como cidadán teño esas dúbidas.

Rubens Rocha [@Ilcanallarubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: