ை Solidariedade galega coas persoas refuxiadas

ilcanallarubens_solidariedadeGALEGAcosREFUXIADOS_2015 copia

Ante a crise humanitaria que asola as persoas que procuran refuxio na UE, as organizacións sindicais CCOO, UGT e CIG; as organizacións políticas PSOE, BNG, Anova IN, EU, e Podemos; Asemblea de Cooperación pola Paz; máis outras organizacións políticas e sociais que agardamos que se adhiran, reunímonos hoxe para consensuarmos o posicionamento e accións a realizar.

Nesta reunión acordouse a convocatoria de mobilizacións nas principais cidades o vindeiro 13 de setembro baixo o lema «solidariedade galega coas persoas refuxiadas».

As organizacións convocantes, á procura dunha mobilización aberta e inclusiva, fan un chamamento ao conxunto da cidadanía para participar nestas mobilizacións. Ao remate das mesmas lerase un manifesto consensuado polas diferentes entidades que promoven esta xornada solidaria.

Mobilizacións

– A Coruña: ás 12h, praza da Palloza
– Ferrol: ás 12h, praza de España
– Santiago de Compostela: ás 12h, praza do Obradoiro
– Lugo: ás 12:30h, Subdelegación do Goberno
– Ourense: ás 12h, Subdelegación do Goberno
– Pontevedra: ás 12h, praza da Ferreiría
– Vigo: ás 12h, Museo de Arte Contemporánea (M.A.R.C.O.)

Rubens Rocha [@Ilcanallarubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: