ை O sindicato CESM-Galiza acode á Valedora do Pobo polo hospital de Beade

MARTA G.BREA. 11.6.15, VIGO (BEADE).- NUEVO HOSPITAL QUE EN BREVE SERA INAUGURADO. EXTERIORES CON VEGETACION.

MARTA G.BREA. 11.6.15, VIGO (BEADE).- NUEVO HOSPITAL DE VIGO

O sindicato CESM-Galicia pide á Valedora que ampare á sanidade pública ante o dano que lle están facendo os dirixentes da Consellería de Sanidade e do Sergas.

O Sindicato Médico (CESM-Galiza) remitiu este pasado xoves un escrito á Valedora do Pobo para solicitar a súa intervención e amparo ante “o dano que lle están facendo, coas súas decisións contra o interese xeral, os actuais responsables da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) á sanidade pública de Galiza”.

O escrito (que vos achegamos ao final destas liñas) remarca que “condicionar e recortar a sanidade pública en favor de intereses privados non é admisible” e citan por iso o caso do novo hospital Álvaro Cunqueiro” que se viu “mermado” no seu proxecto inicial para favorecer intereses de Povisa”. Tamén incluímos a carta da delegada provincial Nuria González sobre o concerto de Povisa que tamén remitiron á Valedora, Milagres Otero Parga, baixo o título “Non hai diñeiro para a sanidade? Depende”.

Dado que a función do Valedor do Pobo é a defensa da cidadanía, CESM-Galiza presentou unha petición de amparo á Valedora “para que se reconduza a dinámica que está favorecendo á iniciativa privada en detrimento dunha sanidade pública que ata agora, malia os recortes, aínda segue sendo excelente e que, trala manifestación do día 3 en Vigo, queda claramente demostrado que ten o respaldo unánime da poboación”.

Como sindicato médico, CESM-G subliña que “nada ten contra a sanidade privada nin contra os concertos, sempre que as regras do xogo sexan limpas e non prexudiquen a sanidade de todos”.

“Aínda que afecta a toda a comunidade autónoma”, sinala o presidente de CESM-Galiza, Cándido Andión, que asina o escrito, remarca que “é especialmente lesivo no área sanitaria de Vigo”. O sindicato refírese así ao proxecto inicial do novo hospital de Vigo, que prevía, segundo o sindicato médico, contar con 1.465 camas e que finalmente “víronse limitadas a 845”.

Así mesmo, o sindicato denuncia que “dos 457,6 millóns de euros que custaba o hospital cento por cento público, pasouse a 1.566,4 millóns, e cunha merma de servizos, entre outros, o servizo de análises clínicas, queimados, cirugía maxilofacial e cirugía infantil”.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: