ை Os celadores do Chuvi en pé de guerra ante a privatización.

ilcanallarubens_asamblea celadores en el xeral_vigo_2015

Os celadores do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) puxéronse en pé de guerra ante o que consideran unha privatización do servizo que veñen prestando no área sanitaria. O pasado venres devandito sector sanitario reuníronse nunha asemblea na que alertaban de que no Hospital “Álvaro Cunqueiro” xa contrataron a persoal a través dunha empresa para realizar o seu traballo.

Dita asemblea baralláronse moitas formas de actuar ante os ataques dunha empresa privada a cal tamén ten a este colectivo privado chamadas TIGAS (Transporte Interno e Xestión Auxiliar) no outro hospital de Vigo, o Meixueiro, as formas de actuar que se barallaron en devandita asemblea do pasado venres foi facer un encerro, como tamén facer unha demanda ao respecto, como tamén unha folga indefinida.

Este pasado luns fixeron un manifesto conxunto, no que alertan da situación. “Comezaron a realizar unha parte importante dás nosas funcións, recollidas expresamente non Estatuto de persoal non Sanitario e posterior Estatuto Marco, como son ou reparto e distribución de material, analíticas. Tratar, sen dúbida, dunha privatización encuberta, dun primeiro paso para a desaparición dun colectivo fundamental dentro dá sanidade pública”, explican.

Dende a CIG, Dolores Rodríguez afirma que non recibiron ordes directas dos responsables do servizo para que deixen de realizar algunhas das súas funcións, pero explica que xa teñen coñecemento de que hai empregados dunha empresa privida dedicándose á mesma tarefa. Hoxe martes, os celadores terán unha asemblea para decidir as medidas que toman e non descartan un encerro. “Estamos pensando en algo máis contundente que unha folga porque estamos todos moi espallados e resulta complicado”, explica Dores Rodríguez.

“Este traizoeiro “recorte” das nosas funcións xera un prexuízo para os inscritos na Listaxe de Contratación Temporal do Sergas (na que se valora: nota de exame de oposición pública, cursos de formación realizados e experiencia profesional acumulada), a privatización supón simplemente deixar de traballar. Abocar a centos de persoas preparadas e con ampla experiencia ao paro, ás listaxes do INEM”, sinalan no manifiesto.

“E difícil atopar un sentido a todo isto, fóra do interese desmedido e brutal dunha xente que decide o futuro de todos nós como se fosemos lixo, o mesmo lixo que se acumula cada día no Hospital Alvaro Cunqueiro, por falta de persoal”, engaden.

O 12 de setembro polo facebook, na comunidade de Celadores DEL Xeral corria este escrito:

PRIVATIZACION DOS CELADORES
Traballadores dunha empresa privada comenzaron a realizar unha parte importante das nosas funcións, recollidas expresamente no Estatuto do persoal non Sanitario e posterior Estatuto Marco: reparto e distribución de material, analíticas, ou documentación de caracter oficial.
Trátase, sen dúbida, dunha privatización encuberta, dun primeiro paso para a desaparición dun colectivo fundamental dentro da sanidade pública.
Polo de pronto, este traizoeiro “recorte” das nosas funcións, xera un prexuizo manifesto.
Para os compañeiros con lesións e patoloxías derivadas dos esforzos e sobrecarga física continuada, propia do noso traballo, isto suón non poder realizar outras funcions, igual de importantes e necesarias, acordes coa súa problemática. Non esquezamos que hai unha porcentaxe importante de compañeiros con adecuacións laborais, incluso que aprobaron unha OPE pola porcentaxe reservada a minusválidos.
Que pretenden facer con todos eles?
Para os compañeiros inscritos na Listaxe de Contratación Temporal do Sergas ( na que se valora: nota de exame de oposición pública, cursos de formación realzados e experiencia profesional acumulada), a privatización supón simplemente deixar de traballar. Abocar a centos de personas preparadas e con ampla experiencia ao paro, ás listaxes do INEM.
E dificil atopar un sentido a todo isto, fora do interese desmedido e brutal dunha xente que decide o futuro de todos nós como se fosemos lixo, o mesmo lixo que se acumula cada día no Hospital Alvaro Cunqueiro, por falta de persoal.
Hai quen di que isto non ten remedio, que os intereses económicos desta xente sen escrúpulos, están `por riba de calquera acción a favor da nosa SANIDADE PUBLICA E DE CALIDADE.
Non estamos de acordo, SO OS PEIXES MORTOS SEGUEN A CORRENTE DO RIO, e nos estamos VIVOS. E mentras estemos vivos temos que LOITAR. Polo noso traballo, pola nosa dignidade e polo benestar e a saude dos PACIENTES que nos apoian cada día e dan sentido a todo isto.
Redactado pola compañeira Loli Rodriguez, en representación do colectivo de celadores Vigo.

Rubens Rocha [@ilcanallarubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: