ை 400 persoas diante do Pazo do Hórreo

ilcanallarubens_concentracion compostela sanidade publica viguesa _ compostela _ 2015

Amencía na cidade de Vigo o martes 15 de setembro de 2015, ás 9h da mañá nas inmediaciones do Hospital Xeral de Vigo estacionábanse 7 autobuses á espera de ser ocupados pola cidadanía e polo persoal sanitario do área de Vigo, os devanditos autobuses tiñan un destino, o destino era ir cara a capital de Galiza concretamente ao Pazo do Hórreo onde se atopa o Parlamento de Galiza.

Púidose contabilizar unhas catrocentas persoas, as cales viaxaban para pedir para Vigo un «hospital 100% público» ao considerar que o novo centro médico Álvaro Cunqueiro non cumpre ese requisito e é unha «fraude política».

Así o explicou, en declaracións aos poucos medios que dan voz a este gran problema que hai na galiza, o presidente da xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que convocou a protesta, Ángel Cameselle, que denunciou as carencias do novo hospital que está «recentemente estreado» pero presenta «teitos que se caen e vías de auga mede parecerse un centro hospitalario é como un centro comercial».

Cameselle, do mesmo xeito que coreaban a totalidade dos manifestantes que alí se albergaban malia a ciclogénesis explosiva que está azoutando a nación galega, pediu a dimisión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e advertiu de que as protestas do persoal hospitalario continuarán, tras subliñar: «deste Goberno non esperamos nada e esperamos que o goberno que veña que sexa máis decente que o que está na actualidade».

«Esperamos que si no futuro hai un Goberno decente en Galicia revierta esta situación, imos esixir goberne quen goberne, que teñamos un hospital como os coruñeses ou os de Santiago, 100% público» reclamou.

En canto ao posible traslado de pacientes o próximo 21 de setembro, Cameselle dixo que ata fai «catro días» os enfermos do Álvaro Cunqueiro tiñan que pagar polas dietas especiais ou por unha botella de auga, dos que agora dispoñen pero «porque o pon o Sergas co salario de todos, non a concesionaria», polo que insistiu na necesidade de que o centro hospitalario sexa totalmente público.

Esta protesta coincide co debate na Cámara sobre a creación dunha comisión de investigación proposta por AGE e BNG, partidos que se achegaron para sumarse á protesta, dita proposta non saiu pola maioria dos votos en contra do Partido Popular.

A titular de Sanidade non foi o suficiente valente de compadecer pola mañá cando os manifestantes estaban nas inmediaciones da Cámara á cal asistiu logo pola tarde para explicar o proceso do traslado e a posta en marcha do novo hospital da cidade Olivica, cabo resinalar que dita comparecencia no estrado confundiuse varias veces á hora de dicir que o hospital Álvaro Cunqueiro é privado publico privado, nas devanditas confusións da Mosquera os presentes da Cámara a abuchearon. Canto tempo quédalle a Roció Mosquera na Conselleria de Sanidade Galega?

Proxima movilizacion o vindeiro 17 de setembro de 2015, xoves, ás 20h desde as Carneiras ata o Foxo, convocada polo Centro Veciñal e Cultural de Valadares co apoio da Xunta de Persoal da Area Sanitaria de Vigo.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: