ை Manifiesto da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo

ilcanallarubens_sanidade publica sempre manifiesto_ vigo _2015

Reunidos no salón de actos do Hospital Xeral de Vigo, en convocatoria da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, representantes das Xuntas de Persoal do conxunto das áreas sanitarias representantes de Concellos, Grupos Parlamentares, asociacións de doentes, asciacións veciñais, asociacións de comerciantes, sindicatos e partidos políticos.

ACORDARON, agradecer e apoiar ás traballadoras e traballadores do Novo Hospital de Vigo e á Xunta de Persoal na súa implicacion na defensa dun hospital público e sen recortes.

Reixeitar a privatización do NHV.

Esixir o cese da Conselleira de Sanidade polos recortes e o desastre da xestión do proxecto do novo hospital de Vigo.

Pontenciar e ampliar a alianza contra a privatización da maior parte das organizacións sociais do país, porque o NHV non respode aos problemas e necesidades da área: Listas de espera, conxestión de urxencias e déficit de recursos avanzados.

Esixir abrir unha investigación sobre as deficiencias do NHV para poder articular un Plan para sulucionalas, para o que sería necesario construir unha Comisión Técnica Plural con profesionais, cidadáns, técnicos e administracións.

Exisir a actual administración que denuncie o contrato e recupere a Concesion para a xestion pública por que vulhera a lexislacion europea de CPP e a Lei de Contratos do Estad. Reclaman utilizar o canon anual para acometer as reparacións necesarias.

Exisir que se planifique a revisión do concerto con Povisa e que a Sanidade pública preste servizo ao conxunto da cidadanía, asignando a Povisa o papel recollido no Acordo pola Sanidade do ano 2006.

Exisir que as instalacións dos anexos do Hospital Xeral manteñan o seu uso sanitario, incorporando un centro de Alta resolución, e a torre de hospitalización teñan uso sociosanitario.

Reclamar tranpsorte público especifico ao Hospital novo Álvaro Cunqueiro para o conxunto de Concellos da Área Sanitaria.

Exisir gratuidade do aparcadoiro e todos os servicios sanitarios e non sanitarios.

Solicitar o apoio as mobilizacións en defensa da sanidade pública de todas as instucións representativas do conxunto da poboación (Concellos, Deputacións, Grupos Parlamentarios).

Comprometernos a manter no tempo e estender a mobilización ao resto das áreas sanitarias en defensa da sanidade pública.

21 de Setembro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: