ை Análise despois do 27S Catalunya

ilcanallarubens_ escrutinio elecciones catalunya _ 2015 _ 27S

Tras semanas asegurando que as eleccións catalás deste domingo non eran un plebiscito, as formacións que defenden o non á independencia coincidiron este domingo en destacar que Junts pel Si e a CUP non alcanzaron o 50% dos votos. As forzas independentistas acabáronse aferrando ao número de escanos conseguido.

A vitoria en número de deputados a favor do si á independencia non deixa lugar a dúbidas e, o que está en dúbida, é quen gañou en votos. Non son poucos os líderes dun e outro bando que teñen claro quen se levou a vitoria nas urnas. “O si gañou en votos e en escanos”, dixo o número 5 de Junts pel Si, Oriol Junqueras, mentres proclamaba a vitoria independentista en plena noite electoral. “Hoxe (domingo) nace a República catalá”, declarou Antonio Baños (CUP).

“Demostramos que a maioría dos cataláns démoslle as costas (a Mas). A maioría optamos pola convivencia e a unión”, respondía Inés Arrimadas, de Ciutadans. “Os independentistas perderon o plebiscito”, dixo Pedro Sánchez. “Mas fracasou na súa estratexia secesionista”, aseguraban desde o Goberno español.

Este proceso electoral, aínda que tiña un carácter plebiscitario, non era un referéndum onde o si e o non son claros e nítidos, polo cal estas eleccions catalanas era un paso para facer dito referéndum, pero aínda non esta dito todo, xa que se o goberno español esta a pensar se decide subsanar a crise catalana, podería empregar unha ferramenta urxente con súas “garantías” para facer un referéndum. para así rematar co que esta acontecer na Catalunya.

Se non acepta que é un plebiscito desde o principio, aínda que a campaña expóñase neses termos, logo non se pode cambiar de opinión. En número de escanos, as formacións independentistas (Junts pel Si e CUP) obteñen a maioría absoluta con 72 escanos. Ambas, ademais, achéganse aos dous millóns de votos.

O si (á independencia) era claro, pero ninguén é capaz de identificar claramente se o resto de formacións representan o non, xa que Catalunya Se que é Pot non se molla como deberia xa que anda xogando coa ambigüedade. Ciutadans, PSC e PP, que suman 52 deputados, estaban claramente en contra do proceso independentista e os seus líderes tenden a sumar ao seu lado e ao resto de formacións que quedaron fóra do arco parlamentario.

Alguns de  Catalunya Se que é Pot está “inconfundiblemente comprometida co dereito para decidir” mentres lembraba que a súa candidatura ten membros independentistas e non independentistas. Sen a confluencia de esquerdas que supuxo a alianza entre ICV, Podemos, EUiA e Equo, os votos a favor do non á independencia suman 1.599.527 votos, case 400.000 menos que Junts pel Si e a CUP.

Pero é que, ademais, en porcentaxe de votos tampouco está claro quen se levou a vitoria. Os partidos unionistas negan o triunfo do sector independentista porque non ha alcazando o 50 por cento dos votos totais (quedan no 47,78%), aínda que hai que ter en conta que o 3,63% das papeletas (148.087 votantes) foron para partidos que quedaron sen representación no Parlament (Uniu, PACMA, Recortes Cero-Els Verds, Guanyem e Pirates.cat).

A extraordinaria participación, superior ao 77 por cento, nas eleccións deixou un panorama un pouco claro do que pensa a cidadanía de Catalunya aínda que penso e considero que a única forma para saber se existe unha maioría independentista ou unionista é facer un referéndum como se fixo en Escocia ou Quebec. Nunhas eleccións como estas, o que contan son os escanos obtidos.

Todas estas análises fanse, ademais, cando aínda falta por contabilizar o voto exterior (que chega ás 23.612 papeletas), que podería facer que algún partido gañase ou perdese algún deputado. Por iso o líder do PSC, Miquel Iceta, pediu esperar ao escrutinio do voto exterior para determinar se Artur Mas pode ser reelixido presidente da Generalitat. Se Junts pel Si subise de 62 a 63 deputados, bastaríalle coa abstención da CUP para investir a Mas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: