ை Celadores e celadoras encerraranse no Cunqueiro

ilcanallarubens_ celadores alvaro cunqueiro _ vigo _ 2015

Tal como adiantábava hai unhas semanas hoxe xa é un feito, hoxe é o segundo dia do seu encerro, o encero dos celadores e celadoras no Hospital Álvaro Cunqueiro.  O colectivo de celadores da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo denunciou onte que traballadores dunha empresa privada han comezado a realizar, nos distintos centros da cidade, unha “parte importante” das funcións que, ata agora, desenvolvían os celadores e celadoras.

Entre as medidas para reverter esta situación, atópase a organización a partir do luns o sexa onte comezaba un encerro no novo hospital Álvaro Cunqueiro, onde solicitarán o apoio dos usuarios. Trátase, segundo sinala nun comunicado o colectivo, de todas as funcións relacionadas con “transporte interno”: distribución de material, traslado de mostras biolóxicas, unidades de sangue e hemoderivados, medicacións ou documentación de carácter confidencial, como pode ser a historia clínica do paciente. Tal como publiquei nun post anterior da asamblea que se fixo no Hospital vello Xeral adiantaban se esto non se arranxaba das palabras pasarían aos feitos e hoxe e o segundo día dos feitos, según me dinilcanallarubens_acampada celadores no hospital alvaro cunqueiro_ vigo_ 2015 que non van a cesar ata que todo se arranxe, non se darán por vencidas e vencidos. Non descartan facer outras accións.

A xuízo deste colectivo, non existen “motivos obxectivos” que xustifiquen esta medida, xa que estas funcións están recollidas no Estatuto de persoal non sanitario e ratificadas na Lei de Estatuto
Marco. “Este feito supoñerá, a curto prazo, a perda de postos de traballo, por exemplo para os compañeiros con problemas de saúde que se dedican case con exclusividade a estas tarefas”.

Futuro incerto, a continuación, explicaron que, ao resto do colectivo, abócao a un futuro “incerto”, “cheo
de indefinicións e sinsentidos”. Por elo, os celadores fan fincapé en que se trata, “sen dúbida”, dunha “privatización encuberta” e dun “primeiro paso” para a “desaparición” dun colectivo “fundamental” dentro da sanidade.

Para Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a privatización de parte dos servizos dos celadores no hospital de Vigo non é máis que a porta pola que a Xunta de Alberto Núñez Feijóo abre o paso á privatización do persoal sanitario. Así o explicou esta mañá en comparecencia de prensa a deputada de AGE Eva Solla, quen denunciou a entrada de novo persoal dunha empresa privada para realizar traballos como transportes internos que antes realizaban os celadores e celadoras.

“É gravísimo que estas persoas que non teñen nada que ver ca sanidade realicen tarefas sanitarias”, explicou Solla. Entre outras, o transporte de tratamentos médicos, mesmo oncolóxicos, ou datos confidencias dos pacientes. “Non sabemos qué salario teñen, qué coñecementos, pero intuímos un cadro de persoal reducido e precarizado”, engadiu. Todo nun contexto derivado do “claro fracaso” do traslado ao novo hospital privatizado de Vigo, bautizado polo PP como Álvaro Cunqueiro. “É que ás veces mesmo as traballadoras e traballadores non saben onde teñen que levar as cousas. A desorganización é total”.

A privatización de labores dos celadores no hospital de Vigo abre a porta á privatización do persoal sanitario. A deputada de Alternativa Galega de Esquerda Eva Solla considera “un claro fracaso” o traslado ao novo centro.

Para a parlamentaria de AGE, o denominado persoal Tiga que se encargará de parte das funcións dos celadores e celadoras indica a vía a seguir polo Sergas: “Trátase da primeira entrada de persoal privado nos hospitais, que é probábel que logo se estenda a outros centros”. “Feijóo dixo que non ía privatizar hospitais, e o de Vigo é de xestión privada. Logo afirmou que non privatizaría o persoal e agora vemos o que acontece cos celadores”. Eva Solla visitou esta mañá as traballadoras e traballadores do hospital vigués que comezaron un peche para protestar contra a privatización dos labores das celadoras e celadores.

Repagamento do aparcadoiro

Alternativa Galega de Esquerda non só vén de rexistrar iniciativas no Parlamento referidas á situación dos celadoras. Como lembrou esta mañá Eva Solla, cómpre que a Xunta do Partido Popular explique canto gañan as empresas que se encargan dos aparcadoiros de varios hospitais. “No novo hospital de Vigo, a conselleira anunciou bonos de desconto con cartos públicos que irán dar á concesionaria, é dicir, un repagamento”, dixo Solla, “e avisou de que xa hai varios aparcadoiros que funcionan así. Queremos saber cales e cando rematan esas concesións”.

A maiores, o grupo parlamentario tamén rexistrou unha pregunta sobre o desaparecido informe encargado por Sanidade á consultora Price Waterhouse Coopers, que custou 220.000 euros e a Xunta non quere amosar á cidadanía. E a deputada Eva Solla recordou que a pregunta de AGE dirixida ao presidente da Xunta no pleno parlamentario desta semana tamén versará sobre a liquidación da sanidade pública que está a levar adiante o Partido Popular.

Rubens Rocha [@IlcanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: