ை Marcha solidaria de xeito conxunto da Pah a RSP e Os Ningues pola vivenda digna.

ilcanallarubens_ marcha vivienda digna_ Vigo _ 2015

As organizacións PAH Vigo-Tui-Baixomiño, Rede Solidaria Popular de Vigo e o Foro Socioeducativo os Ninguéns convocaron unha marcha o pasado vernes 25 de setembro, esta marcha solidaria de xeito conxunto para solicitar que dunha vez por todas se articule un Parque Público de Vivendas en aluguer social para a cidade de Vigo e comarca. Dita marcha saiu dende as portas do museo de arte contemporanea M.A.R.C.O. situado na rúa do Príncipe, marcha que teria o seu final de percorrido na praza da Princesa a preto da Dinoseta.

En primeiro lugar lembraron na praza o triste drama que tivo lugar a semana pasada, cando Carlos Midón quitouse a vida no aniversario do seu desafiuzamento en Aríns. Unha vida truncada polas débedas e a ineficacia dun sistema opresor. As nosas condolencias e solidariedade coa familia, lamentamos este desenlace, que tristemente non é a primeira vez que acontece, cando alguén se sinte acorralado e empuxado pola falta de saídas.

Na nosa cidade tamén existen moitas familias afectadas por desafiuzamentos hipotecarios, e tamén por impago de aluguer que necesitan unha alternativa habitacional URXENTE.

Os desafiuzamentos son unha realidade: En Vigo si hai despexos, non se erradicaron, e supoñen un problema social dramático, que se pode solucionar con vontade política, si as institucións escoitan ás plataformas cidadás. Como di o artigo 47 da Constitución: “Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito”.

E non concibimos o dereito á vivenda sen unilo co resto de necesidades básicas: a alimentarnos adecuadamente, a que non nos corten a auga, a luz ou o gas, é dicir, a acceder aos suministros de primeira necesidade: son dereitos que van da man con integrarse nunha sociedade.

Queremos recordar que por motivo da crises numerosos vigueses quedáronse sen ingresos, e logo de enfrontarse a un laberinto burocrático asfixiante para obter unha axuda social que chega con moitísimo atraso, atópanse con que acceder a un aluguer sen unha nómina e aval é inviable, ademais de recibir importes tan baixos das súas rendas de inclusión que
tampouco poderían costearlo. Estas persoas quedan directamente marxinadas do acceso a unha vivenda digna, e son situacións que non están recibindo resposta dende as institucións: hai veciños malviviendo en infrapensions ou en casas con condicións insalubres, con problemas de humidades, de suministros…

O Concello debería adoptar nunha sesión plenaria, a posibilidade de chegar a acordos coas entidades financeiras e especialmente coa SAREB para asinar un protocolo no que estas entidades poñan casas, que sabemos que están baleiras, a disposición das familias con dificultades, para afrontar o pago de hipotecas ou de aluguer.

Entre o Concello e a Xunta de Galicia deberían impulsar a creación e publicación de bases de datos de vivendas, co fin de crear un parque público das mesmas, que faga efectivo o dereito e o acceso a un fogar digno e asequible para todos. Deben sentarse a negociar e sacar adiante medidas urxentes que sirvan de rede de seguridade ás persoas afectadas.
Os bancos, moitos deles rescatados con diñeiro público, teñen a obrigación moral de ceder os pisos deshabitados para este parque público, recordamos que moitas destas vivendas foron obtidas de despexos.

As negociacións en curso da Xunta non son suficientes, non dan resposta ás necesidades reais da cidadanía. Non aceptamos mecanismos como os dos sorteos pactados, que deixarán a moitas familias fora do acceso a estas vivendas e crean situacións de receo e inxustiza.

Os casos dos compañeiros presentes ameazados de desafiuzamento, son exemplos dramáticos da necesidade destas solucións inmediatas. Son persoas cunha situación límite que continúan esperando unha resposta. E acábaselles o tempo.
Debemos loitar por potenciar o aluguer social como recurso básico de todas as comunidades, para protexer o dereito constitucional á vivenda digna e esixir unha resposta á urxencia social que estamos vivindo. Facemos un chamamento á unidade dos movementos e plataformas cidadás, todos xuntos unidos ante a urxencia máxima.

Rubens Rocha [@IlcanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: