ை Vitoria! Adeus, Shell

ilcanallarubens_oso adios, shell_ greenpeace_ 00 _ 2015

Por fin!!! Despois de tanto ruído o xigante do petróleo tivo que botarse atrás. Finalmente, renuncia á irresponsabilidade de extraer petróleo do Ártico. Alegan motivos económicos, pero en Greenpeace sabemos que a presión, con 7 millóns de persoas advertíndolles da súa insensatez, fixo moitísimo dano á súa reputación e imaxe pública. E foi determinante nesta decisión.

Había que chegar tan lonxe para darse conta de que perforar nun ecosistema único era unha tolemia? Polo camiño, o 7 mil millóns de euros que Shell investiu no seu programa ártico, xuízos e varios intentos de avanzar coa explotación do Ártico.

O Ártico é unha rexión cunha biodiversidade única, fogar de máis de catro millóns de persoas, e unha peza fundamental para o clima global. Pero estase deshelando, nos últimos 30 anos perdeu tres cuartas partes do xeo.

A medida que retrocede o xeo, as empresas petroleiras na súa procura de novas reservas de petróleo puxeron os seus ollos no Ártico. A pesar dos riscos de vertedura. Ademais, se os gobernos queren, como aseguran, loitar contra o cambio climático, as reservas do Ártico deben quedar onde están, tal e como din os estudos científicos.

Que Shell se vaia do Ártico é unha gran noticia por partida dobre: polo propio feito e porque lanza unha mensaxe clara a outras empresas con intereses na rexión. A extracción de petróleo do Ártico non é rendible, nin para a economía, nin para o medio ambiente, nin para o clima.

E ten outro lado positivo: serviu para mobilizar por centos de miles de persoas, en decenas de países, que se puxeron en pé para defendelo. Grazas, grazas, grazas. Con xente como ti, como vós/as, non hai millóns de dólares que vallan. Porque é un ecosistema único, porque é de todos, e por todos os defensores árticos que dixeron que queren a súa protección, seguiremos pelexando para defender o Ártico.

Rubens Rocha [@Ilcanallarubens]

“Glacier ice at Prince Christian Sound, North Atlantic Sea, Greenland”

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: