ை Facebook e a ONU levarán Internet aos campos de refuxiados sirios

ilcanallarubens_facebook con los refugiados sirios_2015

Nunha alocución ante a Organización de Nacións Unidas, Mark Zuckerberg (CEO de Facebook) defendeu as bondades da súa iniciativa solidaria Internet.org, que busca levar a conexión á Rede a todos os recunchos do planeta.

A súa última misión será a de achegar a Web aos refuxiados sirios, para que estas persoas en plena migración poidan poñerse en contacto cos seus familiares, tanto os que deixaron atrás na guerra como os que os esperan dentro de Europa.
Así, no caso dos refuxiados, Facebook colaborará coa ONU para levar dispositivos que permitan o acceso gratuíto a Internet desde os campos que se habilitaron para as persoas que foxen da guerra civil siria nos distintos países de tránsito, como Grecia, Hungría ou Austria.

Internet tamén axuda a erradicar a pobreza, segundo Zuckerberg

“Internet é algo máis que unha rede de máquinas, é o principal motor do progreso social e económico do noso tempo”, afirmou Zuckerberg. “Grazas á Rede temos a oportunidade de construír unha comunidade global común cun coñecemento compartido”.

No seu discurso, o fundador da maior rede social do mundo (con case 1.500 millóns de usuarios) non quedou aí senón que se atreveu a dar cifras concretas acerca de como Internet pode axudar a determinadas sociedades a superar a pobreza. En concreto, Zuckerberg cita estudos nos que se pon de manifesto que, de cada dez acodes que teñen acceso á Rede en zonas deprimidas, unha delas consegue saír desa situación perniciosa.

Posto en datos máis amplos, Internet podería axudar a que 160 millóns de persoas deixen de estar nun status de pobreza extrema, ademais de crear uns 140 millóns de novos postos de traballo.

Google tamén se mobilizou para axudar aos refuxiados sirios

Facebook non é a única nin a primeira multinacional tecnolóxica que se arremanga para tratar de axudar na maior crise migratoria dos últimos anos. Nese sentido, Google xa anunciou hai uns días unha campaña especial pola que convidaba os seus usuarios a doar diñeiro para axudar aos refuxiados sirios e doutras partes do mundo, igualando a compañía de Larry Page e Sergey Brin calquera doazón que fagamos.

Google asociouse con Network for Good, unha organización líder na xestión de doazóns, para que recade e distribúa todas as achegas á campaña. O 100% das contribucións irán destinadas a catro organizacións sen ánimo de lucro (Médicos Sen Fronteiras, Comité Internacional de Rescate, Save the Children e ACNUR). O obxectivo final do buscador é entregar 10 millóns de euros, a metade proporcionada pola xente e a outra metade entregada pola propia empresa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: