ை Caravana Feminista Europea xa está en Galiza

ilcanallarubens_caravana feminista 2015_ Vigo _ Pontevedra

Xa estamos na recta final da chegada a Galiza da Caravana Feminista Europea que percorrerá as seguintes localidades dende o 5 ao 12 de Outubro de 2015, cuxo itinerario e actividades detallo a continuación:

Día 5 de outubro – Ferrol (pola tarde)

Recibimento da Caravana en Ferrol no Cantón de Molíns. Esperaremos á Caravana no Polígono do Río do Pozo en Narón para saír en Caravana ata Ferrol. No Cantón haberá un acto festivo, lúdico e reivindicativo.

Día 6 de outubro – San Sadurniño (pola mañá)

Encontro e intercambio de experiencias con mulleres do eido rural no Concello de San Sadurniño.

Día 6 de outubro – Narón (pola tarde)

No Concello de Narón no Café-Teatro do Pazo da Cultura, Palestra sobre Ecofeminismo e realidade medioambiental da comarca.

Día 7 de outubro – Betanzos (pola mañá)

Visita a unha explotación agraria e encontro con produtoras locais na comarca de Betanzos. Organización dun mercado local e xantar con produtos da zona eleborado polas mulleres do concello, para as integrantes da Caravana.

Día 7 de outubro – Compostela (pola tarde)

Chegada a Compostela . Percorrido a pé desde San Lázaro ata a Porta do Camiño. Visita á Libraría Lila de Lilith, para continuar ata a Praza da Quintana, onde haberá un serán lúdico- festivo de benvida coas cantareiras Trazo, actuacións musicais de Mónica de Nut e Alba María e unha mesa redonda sobre Corpo, muller e arte.

Día 8 de outubro – Vilar de Barrio (pola mañá)

Visita ás Corcerizas (Vilar de Barrio) un proxecto de vida sustentábel de Amigas da Terra cun acto de solta dun ave rapaz recuperada no Centro de Recuperación de Fauna Silvetres do Alto do Rodicio.

Día 8 de outubro – Allariz (pola tarde)

No Concello de Allariz faremos un encontro cos grupos de mulleres rurais que levan anos traballando no rural desta vila e as mulleres da Caravana para partillar experiencias. Día 9 de outubro – Ourense (pola mañá). Chegada e recibimento da Carvana Feminista en Ourense cunha alfombra realizada con materiais da natureza e encontro cos meios de comunicación

Día 9 de outubro – Ourense (pola tarde)

En Ourense haberá Feira de Sementes no Rianxo da Praza de Abastos nº1 de Ourense con intercambio de sementes, unha exposición sobre Soberanía Alimentaria e a intervención de mulleres do rianxo, grupos de consumo local, activistas e colectivos para partillar experiencias. Pola noite haberá un concerto onde actuarán as As da Chispa, The Tetas’Van e as Transxenéricas e teremos petiscos solidarios para colaborar no finanzamento da Caravana,

Día 10 de outubro – Vigo

Pola mañá.

Coa chegada da Caravana a Vigo terá lugar unha concentración na Praza dos Cabalos para o acto de benvida que continuará en Castrelos. Día 10 de outubro

Pola tarde.

No Parque de Castrelos de Vigo terán lugar as actividades durante toda a fin de semana con Palestras, exposicións, Proxeccións e Obradoiros. A Carvana Feminista participará na Manifestación contra o TTIP e a continuación haberá un Serán con cantareiras, pandereteiras de diferentes grupos no Parque de Castrelos cunha merenda-cea.

Día 11 de outubro – Vigo

Pola mañá

Ao longo de todo o día terán lugar no Parque de Castrelos palestras, exposicións, proxeccións e obradoiros sobre violencia de xénero, dereitos sexuais e reprodutivos, orgullo lgbti, o movemento feminista, as mulleres do mar e experiencias recollidas ao longo do percorrido da Carvana feminista.

Pola tarde

Ao longo de todo o día terán lugar no Parque de Castrelos palestras, exposicións, proxeccións e obradoiros sobre violencia de xénero, dereitos sexuais e reprodutivos, orgullo lgbti, o movemento feminista, as mulleres do mar e experiencias recollidas ao longo do percorrido da Carvana feminista. O Parque de Castrelos acollerá a despedida da Caravana coa benvida ás compañeiras portuguesas que collen o relevo para o tramo final cun gran concerto con artistas como Mónica de Nut, Habelas Hailas, Punkereteiras, Aureas e máis.

Día 12 de outubro – Tomiño (pola mañá)

Saída da Caravana Feminista cara Portugual con parada en Tomiño onde haberá un acto ao paso da caravana ao país veciño.

Rubens Rocha [@IlcanallaRubens]

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: