ை Os celadores e celadoras máis a Xunta de perosal non se dan por vencidos

ICR-Photographer© Cunqui 143

A xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) esixiron a pasada maña do mercores 7 de outubro que o novo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fagan unha rectificación e reúnanse cos portavoces dos traballadores para dar “unha solución” aos problemas detectados no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC).

En rolda de prensa, a xunta de persoal ratificou que van continuar coas mobilizacións e que levarán a cabo unha folga xeral o martes día 13, á que foron convocados preto de 5.000 traballadores, dos que 4.000 son do novo hospital.

Segundo trasladou o presidente da xunta, Ángel Cameselle, os problemas cos celadores, os ratios de persoal “insuficientes”, a privatización de servizos e os defectos estruturais son as principais razóns que lles levaron a convocar a folga e manter as mobilizacións ata que haxa unha negociación co novo conselleiro que se plasme en solucións, non en palabrería”.

Neste marco, indicou que este martes mantiveron unha reunión coa dirección de recursos humanos para tratar de chegar a un acordo sobre os servizos mínimos da folga –reclamaban que o día fose programado cos servizos mínimos dun domingo ou festivo e non como un día normal–, que ao final non conseguiron.ICR-Photographer© Cunqui 098

Así as cousas, trasladaron que os mínimos decretados pola dirección de recursos humanos “son tremendamente abusivos” e sitúanse “por encima do 40 por cento”, chegando a superar o 90 por cento nas quendas de tarde e noite en determinados colectivos e servizos.

“Xa lles dixemos que a dirección debería anunciar e advertir aos cidadáns que o día 13 hai folga e corren risco de non ser atendidos”, manifestou, antes de engadir que aos que se vexan afectados terían que facilitarlles outra cita “canto antes”.

Durante a xornada de folga, que dará comezo á primeira hora do día 13, tamén haberá concentracións ás 12,00 e ás 18,00 horas, onde adiantaron que na da tarde iniciarán unha marcha ata a avenida Clara Campoamor para manter as súas reivindicacións de que “o hospital sexa rescatado para a sanidade pública”.

A xuízo dos representantes do persoal, o que se estableceu aquí é “un gran negocio á conta dos cidadáns” sen que importen nin os traballadores nin os pacientes, argumento polo cal pediron o cesamento ou a dimisión do xerente da área Sanitaria de Vigo, o doutor Félix Ruibal que, consideran, é cómplice da deterioración da sanidade pública e que, aseguran, dirixe a área sanitaria impoñendo o seu criterio sen ter o menor interese en dialogar estando máis preocupado por tentar ocultar os problemas do novo hospital.

Previamente á rolda de prensa tivo lugar unha concentración, na que participaron varios centos de traballadores e traballadoras máis xente do común (Pacientes), antes de iniciar unha manifestación polo exterior do hospital ata concluír ante as portas de acceso aos despachos da Xerencia, onde se atopaba neses intres o Xerente Felix Rubial reunido.

As faixas que aportaban os manifestantes como tamen as pancartas de ‘Sanidade pública. Xunta de persoal‘ e ‘Sanidade pública. Celadores si, TIGAS non‘, os traballadores fixeron o percorrido ata chegar á parte exterior do ICR-Photographer© Cunqui 188despacho do xerente da EOXI, onde pediron a berros a súa dimisión á vez que propinaban golpes nos cristais e daban palmas. A titulo persoal de opinión Felix Rubial fixo oídos sordos ao que afora das instalacións estaba acontecendo.

Ademais, durante a mobilización gritaron xuntos reclamando “máis celadores e menos directores”; “non, non, non, á privatización”; “máis persoal, que isto funciona mal”; “incompetencia, incompetencia total”; “que se vaia, que se vaia dunha puta vez, que se vaia, que se vaia para non volver”; e “que lle pedimos ao xerente: dimisión, dimisión”.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: