ை Presentación da Guía de Axudas Sociais en Vigo

ilcanallarubens_ods coia_presentacion guia axudas sociais_vigo_2015O xoves 15 de outubro presentamos a Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas! en Vigo. Será no C.S.O.A. A Quinta da Carmiña (rúa do Carme 1) a partires das 19:30, nun acto que organizamos coa xente do G.A.S. ademais de co propio centro social.

A semana pasada contábamos que chegaban as caixas cos centos de guías. Agora comezamos outra etapa: espallar esta guía para que sirva de ferramenta na loita por conservar e ampliar os dereitos sociais para todas. Queremos que a lean, a reflexionen, a compartan… aquelas que padecen con máis dureza o empobrecemento na súa vida cotiá.

Colamos o índice da Guía de Axudas Sociais para que vos fagades unha idea dos temas que trataremos na presentación:

– Introdución

– Consellos prácticos á hora de acudir a servizos sociais

– Axudas sociais da Xunta de Galicia:

_ RISGA
_ Axudas Inclusión Social (AIS, antes nomeadas como AES)
_ Modelo de alegación: aprobación por silencio administrativo

– Axudas sociais do Concello de Vigo:

_ Axudas de Emerxencia Municipais (AEM)
_ Modelo de alegación: aprobación por silencio administrativo

– Outras axudas

– Directorio de servizos sociais: concello e Xunta

– A ODS-Coia e as Asembleas polos Dereitos Sociais

– Ferramentas para a transformación social:

_ Renda Básica das iguais (RBis)
_ Puntos de Información sobre Dereitos Sociais

– Outros colectivos e webs

– Glosario de siglas

ODS-Coia [@odscoia]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: