ை Vigo concentrouse contra o último femicidio na cidade

ilcanallarubens_nin unha mais, fora machismos_Vigo_2015

Onte, mércores 7 de outubro, ás 20h en Vigo, Ferrol, Ourense, Compostela, A Coruña, Barbanza, Lugo e Pontevedra concentráronse contra o último femicidio na cidade de Vigo, en solidariedade con Silvina Rodríguez mostrando a sua repulsa cun gran emotivo minuto de silencio.

A morte de Silvina Rodríguez, de 33 anos, a mans da súa parella, Pedro Antonio Rodrigues, de 55, que ocultou o cadáver nun armario e despois suicidouse, é xa un caso policial resolto e moi pronto será tamén un caso pechado no Xulgado de Violencia contra a Muller de Vigo. As autoridades portuguesas han confirmado as identidades de ambos e o informe preliminar da autopsia avala que a muller faleceu dunha malleira, vítima de numerosos golpes -ningún con relevancia especial que determinase a súa morte- e sen que o agresor utilizase obxecto contundente algún.

Todo apunta que o homicida conviviu dous días co cadáver da súa parella oculto no armario para que o seu compañeiro de piso non o vise e coa posible intención de levarllo a outro sitio. De feito, o corpo de Silvina fora “embalado” coma se fóra a ser trasladado, como puido comprobar a comisión xudicial. Isto levou inicialmente levou a pensar se Pedro Rodrigues contaba coa colaboración dunha terceira persoa, extremo que a investigación descarta completamente. Sospéitase que ante a dificultade que tiña para poder cargar co corpo, baixar os catro pisos do inmoble e desfacerse do cadáver o home optou por quitarse a vida.

Alí discutiron e él a losqueou. A muller marchouse á súa casa e pouco despois seguiuna o seu noivo. No domicilio desenvolveuse unha forte rifa e a muller recibiu unha malleira que causou a súa morte. Ao día seguinte os veciños alertaron á Policía e a unha ambulancia porque Pedro estaba ebrio e moi alterado, e caeuse polas escaleiras. O sábado, de volta na súa casa baixou a un bar para buscar tabaco. Ninguén volveu verlle ata que o luns pola tarde o seu compañeiro de piso, preocupado porque non lle oía, entrou na súa habitación e atopouno morto. Avisou á Policía e os axentes atoparon a nota inculpatoria na o que dicía que matara a Silvina. Os axentes atoparon o corpo escondido no armario.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: