ை En marcha as Marchas da Dignidade polas rúas de Vigo e toda Galiza

ilcanallarubens_ICRPhotographer_marchas da dignidade_ Vigo_ 2015

A concentración en Vigo sumouse á das outras sete cidades galegas, manifestacións que serviron para quentar motores para a mobilización do 24 de outubro no Obradoiro

Baixo o lema “Camiñando ao Obradoiro, pan, traballo, teito e dignidade” mobilizáronse ás 20h do pasado xoves as Marchas da Dignidade nas rúas de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. Os manifestantes chamaron a “a loita” nunha iniciativa para quentar motores para a mobilización do día 24 en Compostela.

En Santiago de Compostela, preto de cincuenta acodes, algunhas das cales levaban a boca tapada cun esparadrapo en sinal de protesta contra a ‘Lei Mordaza’, percorreron as rúas da capital galega ao berro de “queremos traballar, non emigrar” e “o pobo ten dereito, a pan, traballo e teito”.

En Vigo máis dun centenar de persoas saíron desde a praza do Fernando o Católico cara á porta do Sol da cidade, a medida que a manifestación ía baixando polas típicas costas da Detroit Viguesa diversas consignas ao respecto da dignidade humana como é a vivenda como é o traballo e a alimentación, na marcha tamén se acordaron dos sindicalistas Carlos e Serafin que estaban concentrados no museo de arte contemporánea de Vigo o M.A.R.C.Ou. un gran xesto das marchas da dignidade. Tamén na devandita manifestación acordáronse do PP pero non para ben senón para mal como tamén se acordaron do desastre de hospital novo que ten a cidade.

Os e as manifestantes animaron á xente para sumarse a “a loita”, xa que “a mobilización é a solución”. Estas sete manifestacións serviron para quentar motores para a mobilización que terá lugar o próximo 24 de outubro na praza do Obradoiro, con distintas marchas que confluirán en tres columnas que “tomarán” de novo a emblemática praza, tal e como explicaron membros da organización.

As Marchas da Dignidade, que naceron como protesta aos recortes, a privatización, a perda de dereitos laborais e liberdades, comezaron a mobilizarse hai un ano, con Madrid como escenario de arranque o 22 de marzo, e estendéronse a outros puntos da xeografía española, como Santiago de Compostela o 29 de novembro.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: