ை Cóannos o ‘Imposto ao Sol’ (pero non nos rendemos!)

ilcanallarubens_ICR-Photographer_imposto ao sol_ 2015_Vigo

O pasado venres o Consello de Ministros aprobaba o Real Decreto de autoconsumo, coñecido como “Imposto ao Sol”. A pesar de todos os intentos, accións, informes e máis de 40.000 persoas que presentastes alegacións para frealo (grazas!), non logramos parar a súa aprobación. Afortunadamente, somos moi insistentes e temos o apoio de miles de persoas que pediron que se retire este decreto contra o autoconsumo. Por todo iso, estamos convencidos de que pronto lograremos que se derrogue.

O ministro de Industria, José Manuel Soria, empeñouse ante os medios en presentar o proxecto como unha mellora para o autoabastecimiento de enerxía, pero é en realidade un claro impedimento ao seu desenvolvemento e unha concesión ao oligopolio eléctrico. Por unha banda, o Goberno di que busca promover o autoconsumo, pero polo outro, ponse como condición que non afecte á eficiencia económica do sistema actual. Traducido: que non afecte os intereses existentes do sector eléctrico. Todo o contrario da postura da Comisión Europea que defende o autoconsumo pola súa vantaxe económica, de fiabilidade e de eficiencia.

Pero está claro que os criterios de eficiencia ou sustentabilidade non están na política do Ministerio de Industria. Xa o demostrou coas prospeccións en Canarias, indo contra vento e marea para impulsar un proxecto de alto risco ambiental e económico que suscitou un enorme rexeitamento social e que acabou coa coa decisión de Repsol de retirarse do proxecto (e nosa activista Matilda ferida). Ademais, a mesma semana que se aprobaba o “Imposto ao Sol”, o Grupo Popular rexeitaba no Senado unha moción para lograr un Mediterráneo libre de prospeccións.

É coma se Soria collese o lema da nosa campaña, “RenovablesSí, ProspeccionesNo”, e estivese decidido a facer xusto o contrario. Contra as recomendacións de Europa, contra as de centos de asociacións ambientais e sociais e contra o sentido común, que nos di que o futuro vai ser renovable.

Pero a loita non termina aquí. Seguiremos, eu informando e loitando xunto a outros colectivos, traballando para parar o “Imposto ao Sol” por todos os medios posibles. Seguiremos denunciando, colgándonos e embarcándonos se fai falta para dicirlle a Soria (ou ao próximo ministro de Industria) que ese non é o camiño. Que non necesitamos novos proxectos de prospeccións ou fracking. E pelexaremos coa confianza de saber o apoio que nos dais cada día, en cada acción e en cada campaña.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: