ை Comunicado do Colectivo de Comerciantes da área do vello Hospital Xeral.

ilcanallarubens_COLECTIVO DE COMERCIANTES DA ÁREA DO HOSPITAL XERAL_ Vigo _ 2015

Propostas da Plataforma SOS Sanidade Pública, Xunta de Persoal e colectivos comerciantes da área do Hospital Xeral de Vigo.

1.- Consideramos necesario manter o uso sanitario do edificio do Hospital Xeral de Vigo para situar no mesmo os servizos sanitarios que necesita a área sanitaria con carácter urxente:

• Centro de Atención Primaria
• Servizo de Urxencias Extrahospitalario
• Centro de Orientación Familiar
• Servizo de Rehabilitación Extrahospitalario
• Centro de Alta Resolución
• Servizo de Cirurxía Maior Hospitalaria

2.- Esta utilización, ademais de mellorar a asistencia sanitaria da área garantiría a supervivencia duns establecementos comerciais cuxo peche afectaría ao emprego, a actividade económica da cidade e a calidade de vida de centos de familias e provocaría o deterioro urbano da zona.

3.- Esiximos un servizo de vixilancia que evite o roubo e a destrución do edificio e das súas instalacións, ou a ocupación das mesmas con fins distintos aos sanitarios.

4.- Comprometémonos a promover un amplo debate cidadán e profesional sobre o futuro da actual torre do antigo Hospital Xeral.

5.- Apoiamos as mobilizacións para conseguir un Novo Hospital Público, accesible e cos recursos necesarios para garantir unha atención hospitalaria cos niveis de calidade, seguridade e equidade, que a cidade de Vigo e a súa área sanitaria necesitan.

COLECTIVO DE COMERCIANTES DA ÁREA DO HOSPITAL XERAL.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: