ை Comunicado do grupo político ecoloxista de Os Verdes-Galiza

ilcanallarubens_Os Verdes-Galiza_2015

Ante os movementos políticos, que están a ter lugar con vistas á eleccións xerais do 20D, o grupo político ecoloxista de Os Verdes-Galiza, na Asemblea celebrada o pasado luns 12 de outubro decidiron:

  • Decide dicir NON, ao ofrecemento de coalición con CONFLUENCIA DA ESQUERDA integrada por Baltasar Garzón, Gaspar Llamazares, Beatriz Talegon e Cristina Almeida entre outros, para concorrer ás próximas eleccións xerais do 20D, agradecéndolles o interese mostrado.
    Pero cremos que Os Verdes-Galiza, deben estar nunha plataforma electoral de unidade popular transparente: veraz, honesta e libre de intereses particulares e individuais que nublen o obxectivo de cohesión coa cidadanía; en unión con outras forzas e movementos sociais da esquerda plural galega como poderían ser Equo, Bng, Anova Irmandade Nacionalista, Esquerda unida, etc.
  • Así mesmo queremos felicitar a EU-ANOVA-PODEMOS GALICIA, polo pre acordo ao que foron capaces de chegar, e esperemos que este só sexa o paso inicial cara a unha única candidatura de unidade popular de máis amplo espectro.
  • Entendemos que a única forma de traballar pola cidadanía, e por Galiza, é desde unha plataforma única que incorpore en igualdade de condicións a todos aqueles actores dispostos a participar en facer os cambios necesarios para mellorar a vida de todos e todas as galegas e galegos, desde iniciativas deixando de lado os intereses individuais das persoas e os partidos, a favor da ampla maioría dos galegos e as galegas, que é o que precisan neste momento; creando un grupo único, forte e capaz de ser un revulsivo na política nacional.
  • Por iso, queremos lanzar desde os verdes unha man á colaboración máis desinteresada a todos aqueles partidos arriba mencionados. Sabedores de que non é fácil a confluencia, pero GALIZA merécello, e necesita de todos para facer dunha terra un lugar mellor, onde convivir non sexa só unha fermosa palabra, senón unha realidade plural e próxima, libre de discriminación, violencia, pobreza e inxustiza.

Os nosos gandeiros necesitan que defendamos os seus dereitos fronte á especulación das empresas lácteas.

A Sanidade non se converta no privilexio duns poucos, ou nun negocio co que poder lucrarse á conta de todos os galegos e as galegas. É un dereito ao que todos e todas debemos ter acceso; por iso dicimos que a Sanidade non se vende.

A defensa dos nosos montes fronte á queima especulativa para a construción e fronte ás compañías eléctricas que tentan destruílos como ocorre en Casas Bellas (Lalin).

Reivindicamos así mesmo o rexeitamento do TTIP tomando a voz do pobo que é o único soberano e non as Grandes Compañías Transnacionales.

  • A única forma de facer política é desde a rúa, para, por e coa cidadanía , NON PODEMOS SEGUIR CALADOS.

Vos Verdes
Non te cales.
Fala, Berra, Faiche Oir.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: