ை A sanidade viguesa en folga

ICR-Photographer© ilcanallarubens _ Sanidade 00 _ Vigo

Mais do 90% do persoal da área sanitaria de Vigo secundou a folga do pasado día 13 contra as privatizacions da sanidade. Mentras tanto o novo conselleiro de sanidade Almuiña anuciou medidas a “curto prazo”.

A Xunta de Persoal do Chuvi valorou moi positivamente o seguimento masivo rexistrado durante o día de folga para rexeitar a política de privatizacións do Goberno galego sitúaron nun 90% o apoio por parte dos empregados/as. Traballadores/as, pacientes e usuarios/as aproveitaron a xornada de paro para mobilizarse no novo hospital da cidade en dous quendas, unha as 12 da mañá e logo a tarde as 18h.

Pola mañá.

ICR-Photographer© ilcanallarubens _ Sanidade 01 _ Vigo

A concentración da maña tivo lugar na entrada de Consultas que logo se converteu nunha peregrinación ata as dependencias da Xerencia, concentración pacífica reivindicativa na que e esixiron o arranxo das deficiencias e que a xestión do centro médico sexa 100% pública, dita concentración contou con mais de 200 persoas, nas dependencias de xerencia, os berros ao unisonó de todos os alí concentrados pedían e esixían a dimisión de toda a xerencia polas súas incompetencias a hora de solucionar os problemas que esta habendo no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Pero antes de chegar as dependencias da xerencia, no exterior do hospital, os sindicatos atenderon ali a os medios que estábamos a cubrir a primeira folga da historia do novo hospital, os sindicatos aseguraban que se superou o 90% de seguimento en xeral e que se alcanzou o 100% en serivzos como laboratorio, Anatomía patoloxica e Servizos Centrais. En hospitalización e quirófanos, subliñaron que foi do 95%. De feito, informaron de que so se realizaron seis das 20 operacións programadas: e que levaron a cabo pola responsabilidade do persoal, oa tratarse de tumores.

Mentras que según a Xerencia recolleu 864 profesionais do Chuvi en folga pola maña. Sosten que se trataba dun 30,81% de seguimiento -27% entre médicos; 33% no resto de sanitarios; foi dun 33% en non sanitarios-, pero eludiu especificar como se fai este cálculo. Os sindicatos denunciaron que o Sergas contabilizou como xente que acode a traballar aos servizos mínimos e que tampouco descontou da base a aqueles que están de libranza por garda.

Coa movilización matutina os motivos da convocatoria, foi denunciar a situación na que se atopa la sanidade pública viguesa que por culpa da política das privatizacions da Xunta nos servizos de lencería, celadores, cociña e mantemento e as que se esperan que sexan privatizadas. Moitos dos Vigueses e Viguesas din que e un despropósito o que esta acotecendo no novo hospital, que é un centro privatizado e con servizos recortados que foi pensado como unha unidade de negocio para unha empresa concesionaria.

Ángel Cameselle cando atendeu aos medios dixo “que esta situación non se soluciona cun cambio de conselleria, xa que o que teñen que mudar son as políticas” “Que con esta folga queremos esixir tamén a recuperación do 100% do hospital para a xestión pública e que sexa dotado de todos os servizos que agora non ten”.

Moreira lamentou tamén que a Xerencia da EOXI de Vigo siga sen aportar solucións ás numerosas deficiencias detectadas dende a posta en marcha do hospital e continúe negándose a sentarse para facer unha avaliación real do estado do centro, xa que existen problemas tanto a nivel estrutural como de organización do traballo.

Así, aposta por que as mobilizacións continúen até lograr que haxa unha dirección que aposte pola sanidade pública “e que veñan aquí a reunirse cos representantes dos traballadores/as as persoas que poidan decidir, e non intemediarios/as, xa que queremos negociar con quen teña capacidade de decisión para conseguir dunha vez rescatar o hospital para a xestión pública”. 

Pola tarde.

ICR-Photographer© ilcanallarubens _ Sanidade 02 _ Vigo

A última quenda foi as 18h, segundo a Policía Local, foron máis de dous milleiros as que se manifestaron nunha marcha ata a avenida Clara Campoamor a que eu persoalmente poño en dubida dita cifra xa que ran mais de 2000 persoas, viñeron autobuses cheos de profesionais da sanidade galega dende Ourense, Santiago e Lugo para apoiar aos traballadores da sanidade Viguesa, como tamén xente do común e os mesmos profesionais da sanidade viguesa. Mentres concorría a manifestación en Vigo, outros complexos galegos, como os da Coruña, Ourense, Lugo e Ferrol, realizaron concentracións en apoio á profesionais da área viguesa. A manifestación rematou na porta de Urxencias onde, sobre as 18:45h horas.

Antes de rematar a manifestación un cano de auga fecais rebentou fronte ás portas dos boexes de reanimación de críticos. A fuga produciuse nun corredor de tránsito reservado a emerxencias e diante do ascensor que conecta cos quirófanos e o heliporto, así como a porta do box de contención psiquiátrica. A orixe foi o atasco dun dos sanitarios de Obstetricia. Mantemento usou aire a presión para despexar a tubaxe, pero uno dos cóbados rompeu. Clausurou o corredor mentres resolvía a avaría.

No mesmo día os celadores e celadoras levantaban o acampamento que tiñan na entrada xeral despois de máis de 15 días alí acampados.

Rubens Rocha [@IlcanallaRubens]

Galería de imaxes da maña [Aquí]

Galería de imaxes da tarde [Aquí]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: