ை Empregalia: a feira da precariedade

ilcanallarubens_empretimo empregalia vigo_ vigo _ 2015

Os días 16 e 17 de outubro celébrase en Vigo a III edición de Empregalia, Feria de Empleo de Galicia. Mais un ano, milleiros de mozas e mozos agardarán horas nunha cola para entregar un currículum que con todas as probabilidades rematará no lixo.

Empregalia é unha feira organizada por Mulleres en Igualdade de Vigo, entidade vinculada ao Partido Popular e que recibe milleiros de euros das institucións públicas a cambio de ofertar postos de traballo altamente precarios. Na pasada edición, máis de 5000 persoas tratadas como gando tiveron que aturar enormes colas para depositar o seu currículum, co resultado da contratación de apenas 72 desempregadas a través de empresas de traballo temporal como Nortempo ou Adecco.

Maquillar as políticas neoliberais aplicadas polo goberno español e galego é que 72 persoas consigan un posto de traballo en precario para unha comarca con máis de 32.000 paradas e 215.000 no conxunto do país. Lembrar tamén que dende o 2011 o paro xuvenil aumentou en catro puntos, chegando ao 48,45%. Tamén, no período 2007-2014, emigraron máis de 142.000 mozos e mozas

Estas cifras son a expresión dun modelo político e económico esgotado, incapaz de ofrecer á clase traballadora un emprego do que poder vivir dignamente na propia terra. Por iso, desde Isca apostamos por outro sistema baseado na satisfacción das necesidades sociais e non no lucro individual. Sen antangonismos de clase nin desigualdade de xénero, con democracia participativa e desde a base, con medios de comunicación ao servizo do pobo e non das grandes empresas… o socialismo.

Isca rexeita Empregalia e chama a toda a sociedade a boicotar este tipo de iniciativas que trafican coas necesidades de milleiros de persoas. Denunciamos o uso de fondos públicos para financiar proxectos propagandísticos e empresas que se caracterizan pola explotación e a precariedade.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Fonte [isca]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: