ை O metal en pé de guerra

ICR-Photographer© ilcanallarubens _ metal _ Vigo

Non hai marcha atrás. Os sindicatos con representación no sector do metal na provincia de Pontevedra (CC OO, CIG e UGT) sairon á rúa o pasado xoves 15 para protestar polo bloqueo na negociación do novo convenio colectivo despois de dezaseis reunións apenas “sen avances”, segundo indicaron o xoves fontes sindicais.

A patronal pide modificacións nos contratos de formación, no complemento de eventualidade, propón unha vixencia de dous anos e accede a manter as limitacións en canto á contratación de operarios por ETT. No que respecta aos salarios, os empresarios ofrecen un incremento do 0,5% en 2015, aínda que non tería carácter retroactivo (faríase efectivo cando se asinase o acordo), e do 0,75% en 2016.

As centrais criticaron duramente as propostas, sobre todo os cambios no complemento de eventualidade, porque supoñería reducir a súa contía e minguaría os salarios dos traballadores temporais. Tamén reprocharon que pretenda cobrar ao finalizar o contrato, e non mes a mes.

O portavoz do Metal na CIG de Vigo, Xulio Fernández Alonso, asegurou que as protestas “son un quecemento” e que os traballadores manteñen “intacta” a súa capacidade de mobilización, a pesar da perda duns 8.000 empregos nos últimos anos. “Están a pedirnos pelexa, están a tensar moito a corda e vanse a levar unha sorpresa”, avisou.

As mobilizacións desenvolveronse as 19.30 horas en tres cidades diferentes: Vigo nos locais centrais, no caso da CIG na Avenida Alcalde Gregorio Espino, no caso de CC.OO en Navia e no caso de UGT na Rúa García Barbón, na capital, Pontevedra na Praza da Peregrina e en Vilagarcía de Arousa foi na Rúa Castelao.

A CIG advirte á patronal de que está “a tensar moito a corda” e vaise a levar “unha sorpresa”.

A central nacionalista, cuxo secretario xeral, Suso Seixo, participou na protesta de Vigo, criticou o “inmobilismo” da patronal, que “non quere negociar” e só expón “imposicións” e propostas “inaceptables” para os sindicatos, que pretenden que os traballadores “recuperen a capacidade adquisitiva perdida”. “Queren borrar dunha plumada as melloras conseguidas ata agora. Pero non imos ser nós os que rompamos a mesa de negociación e manteremos as mobilizacións”, sentenciou.

O mercores 21 teñen previsto ir cara Santiago de Compostela a manifestarse.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Galería fotográfica da manifestación da CIG [Aquí]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: