ை Haberá máis dunha candidatura galega de unidade para as xerais?

ilcanallarubens_mara.gal e iniciativa pola union_2015

18 Oct. A viceportavoz de AGE dá por rotas as negociacións coa formación frontista.

A viceportavoz de AGE e coordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, e o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, coincidiron ao considerar que haberá máis dunha candidatura galega de unidade para as próximas eleccións xerais do 20 de decembro.

Así, nunha entrevista concedida á Radio Galega e recollida por Europa Press, Yolanda Díaz deu por rotas as negociacións co Bloque para a articulación dunha lista de unidade tras a negativa da formación nacionalista a acudir o pasado venres á reunión de Encontro Cidadá por unha Marea Galega.

“O camiño é máis diáfano e temos dous espazos nos que interlocucionar”, asegurou para explicar que “hai un campo despexado no que un actor, que é o BNG, di que non quere estar nese proceso”.

Respecto diso, a viceportavoz de AGE considerou que a formación liderada por Xavier Vence tiña a decisión tomada de antemán, polo que acusou ao BNG de “estar todo o verán leando para finalmente dicir que non”. “Para chegar ata aquí era mellor que falasen claro”, indicou.

E é que para Yolanda Díaz, o BNG tiña unha “concepción da unidade popular instrumental” e recriminoulle tamén a actitude que os nacionalistas galegos manteñen coas mareas a nivel local. “Que se lle chame, por parte do representante do Bloque, fascista ao alcalde de Ferrol é demasiado”, criticou.

POSTURA DO BNG

Pola súa banda, noutra entrevista concedida á Cadea Ser, Francisco Jorquera, considerou que, “a día de hoxe, por desgraza, a hipótese máis probable” é que non haxa unha única candidatura de unidade popular e convidou ás forzas aglutinadas ao redor da Marea Galega a “non marear”.

Na súa intervención, Jorquera si se mostrou “completamente convencido” de que haberá unha candidatura galega en “os parámetros” que defende o Bloque e que pasan por ter “centro de decisión en Galicia , personalidade propia e aspiración a formar un grupo parlamentario tamén propio para actuar con criterios soberanos e independentes”.

Así mesmo, asegurou que o Bloque “non establece ningunha exclusión a priori”, polo que afirmou que na candidatura que defende poderían estar presentes Podemos e Esquerda Unida sempre que aceptasen eses “parámetros”.

“A ninguén se lle escapa que a representación que alcance esa candidatura galega vai contribuír ao cambio político no Estado, a que haxa un xiro cara a políticas que merezan o apelido de progresistas e atendan ás necesidades da maioría social”, indicou.

Ademais, Jorquera sinalou que, nun contexto no que non se esperan maiorías absolutas e no que “os dereitos dos distintos pobos que integran o Estado serán unha cuestión central”, actuar “con criterios de independencia será máis importante que nunca”.

Nese escenario, para o portavoz parlamentario do BNG, “o principal risco era que Galicia desaparecese como referencia política, que se mostren os comicios como unha elección entre Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Igrexas…”, cando “será máis importante que nunca ter peso como país e influír nese escenario a través de ferramentas propias”.

Nota persoal: Se deixasen de pensar nas súas leiras pois seria moito mellor para todos e todas, que isto todo solucionásese sendo xenerosos todos xa que pois a división fai a perdida tanto para uns que para outros e gañaran os de sempre, o partido podrecido como o partido bipolar seudobreiro.

Hai que poñer a Galiza no seu posto, o posto que merece xa que leva sendo xunto a Estremadura as dúas comunidades mais vilipendiadas e abusadas pola nación española.

Máis unión e menos parcelitas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: