ை Os traballadores e traballadoras da sanidade toman os pasillos do Hospital Meixueiro e o Hospital Álvaro Cunqueiro

ilcanallarubens_concentracions Hospital Meixueiro_ Hospital Álvaro Cunqueiro_ Vigo_ 2015

No día de hoxe. pola maña, dende as 10:30h ata as 13h o colectivo de celadores e celadoras apoiados por outros colectivos e apoiados pola Xunta de Persoal volveron concentrarse polos corredores do hospital Meixueiro e o Álvaro Cunqueiro, despois de dita concentración marcharon polos corredores como levan facendo desde que o novo hospital da Detorit Viguesa abriu as súas portas ao público, na marcha escoitáronse as míticas consignas como “Sanidade Publíca” “Goberne quen goberne a sanidade non se vende” “Non non a privatización” “Feijóo escoita os traballadores están en loita” “Se isto non arránxase maña maña maña se isto non se amaña cana cana cana” “Feijóo escoita Vigo non se vende” “Para vir a un hospital non hai que pagar” “Que se vaian que se vaian que se vaian para non volver que se vaian dunha puta vez” “Quen recorta e privatiza ten vos cartos en Suíza”.

Estas mobilizacións feitas no día de hoxe piden ao Sergas que dean marcha atrás na contratación de Tigas. Estes están a desenvolver labores que afacían levar a cabo persoal con adecuación por enfermidades ou discapacidade. Tras manter unha reunión coa directora de recursos humanos do servizo galego de saúde, móstranse «optimistas» para solucionar o conflito aínda que non descartan volverse a encerrar nos os dous hospitais da cidade de Vigo.

Na concentración do Cunqueiro o voceiro Miguel Estévez comunicou que o próximo día 26 (Luns) tera lugar unha asemblea informativa pública onde se dará conta detallada dos pasos dados ata a data. Anunciouse convenientemente nos Reténs de ambos os hospitais.

Por outra banda, se durante estes días non reciben unha comunicación oficial do Sergas,  unha comunicacion convocándonos a reunión, tal e como se comprometeron, A asemblea empezara ás 17,00h. A partir d as 19,00 hrs, dese mesmo día pensan retomar de novo un peche indefinido, tal e como acordaron na última votación realizada o día 13 deste mes.

Para iso, Miguel di, “deberédesvos anotar nas follas que tamén deixaremos nos distintos reténs de ambos os centros, co fin de organizar o peche”, “agora non podemos fallar!!! temos que dar unha nova mostra de firmeza”.

Se realmente estan decididos a realizar un novo peche, Miguel di que “necesitamos compromiso, seriedade e máis unidade que nunca”. A realidade é que no anterior peche superon en moitas ocasións os mínimos previstos, pero noutras nos custo alcanzalos.

Miguel alenta ao persoal sanitario da cidade e non sanitario a comprometernos de todos e todas para dar esa imaxe de unidade, iso é o que nos permitirá seguir dando pasos firmes. Mostrar unha imaxe de fraqueza debilitaría a loita na que estan imersos os celadores e celadoras por iso eles e elas precisan unha unidade por parte de todos e todas as persoas da área sanitaria de Vigo como da Xente do Común, xa que a sanidade non se vende, xa que a sanidade defendese.

Miguel berraba hoxe:

Tod@s xuntos de novo. Temos que ser moitos máis, non pode recaer todo o peso dun peche nas mesmas persoas, iso é moi inxusto, somos moitos no colectivo e agora é cando debemos dar un paso adiante se de verdade queremos defender os nosos postos de traballo e dignificar a nosa profesión. Concienciar a tod@s os compañeiros/as que ata agora non participaron. Está nas nosas mans convencelos. Isto non se consegue a través dun WhatsApp, facebook, etc. É tarefa de tod@s.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Video Hospital Álvaro Cunqueiro

Video Hospital Meixueiro

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: