ை Un colectivo de celadores e celadoras teñen a primeira toma de contacto coa Dirección do Sergas

ilcanallarubens_100% celador_ 100% celadora_ 2015 _ Vigo

O luns 19 de outubro de 2015, un colectivo dos/as celadores/as mantiveron unha reunión informativa, é dicir unha primeira toma de contacto coa Dirección do Sergas, concretamente coa Directora de Recursos Humanos (Margarita Prado Vaamonde), segundo explica dito colectivo a dita reunión realizábase por petición expresa do Conselleiro de Sanidade (Jesús Vázquez Almuiña).

Tal e como quedaran co Conselleiro no primeiro encontro que mantivo co colectivo cando aínda estaban encerrados, nesa reunión pasan a detallar e a argumentar a situación ilóxica e inxusta e ás veces surrealista que vive o noso colectivo desde a implantación dos TIGAS nos Hospitais de Vigo.

Falan amplamente sobre as duplicidades de postos de traballo que se xeraron (farmacia, unidades de hospitalización, partos, reanimación, unidades de críticos, urxencias, consultas externas,…) e o que iso significaba desde o punto de vista da xestión dos recursos e a súa optimización.

Detallándolle na reunión os riscos na continuidade dos procesos e a cantidade de incidencias rexistradas desde que os TIGAS realizan estas funcións (suspensión de intervencións cirúrxicas por falta de material estéril, perdas de unidades de sangue e outras mostras biolóxicas, atrasos nas entregas, e un longo etc.). Incidencias rexistradas, en moitos casos no Sistema de Notificación e Aprendizaxe para a Seguridade do Paciente (SiNASP) e coñecidas pola opinión pública a través dos medios de comunicación.

Como non, falaron amplamente dos grupos máis vulnerables do colectivo de celadores (adecuacións de postos de traballo, quenda de discapacidade e persoal contratado que forma parte das listas de contratación) e de como podía influír a curto prazo, mesmo no presente a estes profesionais esta medida, relegados a unha situación moi preocupante.

Transmitíronlle a idea de que esta situación pola contra podía supoñer unha “oportunidade” para o futuro do colectivo de celadores, tanto a nivel de Vigo como do resto de Galiza, solicitándolle que se desenvolva a Cualificación Profesional da sua Categoría Profesional, na liña do que recolle o BOE de 19 de xaneiro de 2012.

Informáronlle sobre as medidas que están previstas levar a cabo senón chégase a unha solución favorable para o colectivo (peche indefinido, prensa, entrega de firmas aos distintos organismos: Valedor do Pobo, Parlamento de Galiza,…). Á súa vez, puxeron en valor a unión mostrada polos celadores doutros hospitais de Galiza e de fóra do pais, xa que creen que é un aspecto moi importante onde se están dando pasos firmes para mostrar unha visión unitaria de todo un colectivo en Santiago.

Segundo di Miguel Estévez (celador) na sua humilde opinión ao longo destas semanas deron mostras de fortaleza e así debe seguir sendo. A día de hoxe seguen dando pasos cara adiante moi importantes (abriuse unha liña de diálogo e procura de solucións, solicitada ademais pola propia Dirección do SERGAS), Miguel Estévez cree que é o camiño nestes momentos, “sigamos sumando entre todos, é de vital importancia”.

Por último para eles e elas tamén son moi importantes os prazos, estes non se poden dilatar máis no tempo e así llo transmitiron, solicitando á súa vez a presenza do Conselleiro, tal e como el ofreceuse, quedando que ao longo desta semana volveríallenos a convocar.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Fonte [Aquí]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: