ை Participa na marcha do 7n a Madrid!

ilcanallarubens_marcha feminista_2015_Madrid_7N

Este verán foi un dos máis sanguentos para as mulleres, e non falamos das guerras (que tamén o son) senón dos feminicidios, non hai máis que vers as cifras en feminicidio.net, asasinatos de mulleres, violencia patriarcal en estado puro, un dos reflexos máis desesperantes do patriarcado.

E a pesar das protestas das asociacións feministas e algunhas “declaracions institucionais” constatamos unha vez máis que non é tratado como unha cuestión de Estado, e algo que deberia ser centro dos debates e unha prioridade nas axendas políticas.

Por iso seguimos como sempre en alerta e o 7 de novembro de 2015, as 12 horas, mulleres e colectivos feministas marcharemos xuntas a Madrid para esixir que a loita contra as violencias machistas sexa unha cuestión de Estado.

Desde a Plataforma Feminista Galega convidamos a que ti te sumes a esta marcha, xa que a erradicación das violencias machistas e das violencias cara ás mulleres é unha cuestión que alcanza a toda a sociedade.

Desde varias cidades e vilas da Galiza habera autobuses para acudir a Madrid o 7N. En concreto dende Vigo habera autobuses gratuitos que sairán o día 6 de novembro ás 12 da noite dende a Praza dos Cabalos, a volta será ás 18:00h.

Máis informacion nos cartazes adxuntos, participa e difunde este post.

Nin un feminicidio máis! Abonda de violencias machistas e de inacción por parte da xustiza e dos gobernos!

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Web: http://feminismo.eu/pfg/

Facebook: https://www.facebook.com/plataformafeministagalega?fref=ts

Twitter: twitter.com/PFeministaGz

Correio: plataformafeministagalegavigo@gmail.com

ilcanallarubens_marcha feminista_2015_Madrid_7N_01

ilcanallarubens_marcha feminista_2015_Madrid_7N_02ilcanallarubens_marcha feminista_2015_Madrid_7N_03

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: