ை Centos de persoas rexeitan en toda Galiza súa repulsa contra as violencias machistas

ICR-Photographer© VMV 012

O pasado luns día 26 de novo a chaira do museo de arte contemporánea da Detroit Viguesa, M.A.R.C.O. volveu ser o escenario onde os Vigueses e Viguesas mostraron a súa repulsa contra as violencias machistas a pesar das inclemencias climatoloxícas, o acto convocado por mor da ultíma victima oriúnda de Pontevedra o pasado sábado 24 de outubro, Conchi Reguera, a sétima vítima mortal do machismo en Galiza neste 2015. Aínda que para as estatísticas oficiais estamos ante o quinto caso de asasinato machista, pois nin o das meniñas de Moraña, nin o da parella da segunda asasinada en Arbo son computábeis, dado que a definición de vítima só se cinxe ao ámbito da parella.

No acto organizado pola asociación Marcha Mundial dás Mulleres, plataforma Feminista Galega e a asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo tivo inicio ás 20 horas, como tamén foi secundado en Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Barbanza e Pontevedra.

O manifesto que se leu na concentración decía:

“Estamos hoxe aquí porque queremos mudar unha situación insostíbel para as mulleres e porque forma parte da nosa responsabilidade. Queremos visibilizar o noso rexeitamento, que toda a sociedade entenda que é a nosa vida a que está en perigo. Que non lle pertencemos a ninguén. Que podo ser eu a próxima, que podes ser ti, a túa filla, a túa nai, a túa veciña. E que non imos ficar caladas”, con estas palabras lidas ao remate da concentración celebrada na Coruña pódese resumir o sentir dos centos de persoas que onte participaron nas protestas convocadas polo feminismo galego.

En tan só 48 horas foron catro as vítimas, unha delas na Galiza, e o resto no Estado. Nos últimos cinco anos, 80 galegas foron asasinadas por mor da violencia machista. 617 no Estado español. Un feminicidio, denunciouse, invisibilizado polos poderes públicos, pola xustiza, polo goberno do Partido Popular, mesmo polos medios de comunicación.

“O terrorismo é o machismo”, foi unha das consignas que se berraron para denunciar que as vidas destas mulleres non teñen o mesmo peso, a mesma importancia, nin a mesma resposta que de tratarse doutro tipo de terrorismo. “Non hai comparecencias pola vía da urxencia dos presidentes do Goberno da Xunta de Galiza, nin do Estado español, tan só ocupan minutos de silencio institucional. Son tantos os asasinatos que a sociedade está insensibilizada, asume de xeito normalizado un novo caso de terrorismo machista”.

Unha situación fronte á que, advertiuse, “non imos agardar minutos de silencio polas vítimas, senón que, imos saír á rúa ao día seguinte de aparecer publicado na prensa escrita un asasinato por mor da violencia machista. Farémolo todos os días que faga falta, esixindo xustiza, loitando pola igualdade e polo respecto. Contra os valores patriarcais que perpetúen e consolidan na sociedade esta violencia machista”.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: