ை Así reaccionaron os políticos ao verse de nenos

ilcanallarubens_albert ribera, pablo iglesias, alberto garzon, pedro sanchez_2015

O pasado martes Greenpeace puxo unha dura proba aos políticos: escoitar ao neno que foron. Avergoñaríase o seu “neno” deles? Non podemos coñecer os seus pensamentos íntimos, pero si sabemos que todos responderon. Foi un éxito: Alberto Garzón, Pablo Iglesias, Albert Rivera e Pedro Sánchez mostraron o seu compromiso co medio ambiente. Incluso outros políticos a quen non habiamos “convertido” en nenos, como Pablo Echenique, Andrés Herzog ou Juan López de Uralde, tuitearon as súas fotos de nenos e mostraron a súa intención de defender o medio ambiente.

A resposta de Mariano Rajoy foi doutro calibre, e merece unha mención especial. O líder do Goberno respondeu, impasible, co slogan xeral da súa campaña, #CompromisoCumplido. A indignación percorreu Twitter instantaneamente, e na oficina da organización tamén. A quen criticaramos que vendese o litoral ao mellor ofertante coa Lei de Costas? A quen recriminaramos privatizar os terreos naturais coa Lei de Montes? Contra quen habemos loitando para que non puxese en marcha o “Imposto ao Sol”? Quen enviou á Armada contra as nosas lanchas nunha brutal defensa das prospeccións? Quen incluíu un artigo na “Lei Mordaza” dirixido directamente ás accións de Greenpeace e outras plataformas como os afectados pola hipoteca? Está claro que para o presidente o escrutinio do seu “neno” resultoulle demasiado duro, e preferiu fuxir cara adiante.

ilcanallarubens_rajoy responde a greenpeace_2015

En calquera caso, o compromiso que declararon o resto de candidatos é un excelente punto de partida. Pero non podemos relaxarnos di Greenpeace, e imos estar pendentes de que á hora da verdade manteñan ese compromiso: examinaremos os seus programas electorais para ver se inclúen o medio ambiente, e cando formen goberno seguirémolo de preto para asegurarnos de que o medio ambiente entra na ecuación, dixo a organización. Se iso non ocorre chamarémoslles a atención como o fixemos coas políticas anti ambientais de Rajoy. Escalaremos o Congreso, levaremos os nosos barcos onde se cometan abusos e despregaremos pancartas tantas veces como sexa necesario para asegurar que o medio ambiente é tido en conta, así se manifestou Greenpeace. A organización conta que ti tamén lle axudes para que o medio ambiente sexa respectado.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: