ை Performance da Plataforma Femenista Galega de Vigo cara o 7N

ilcanallarubens_ICR-Photographer© nin unha morta mais cara o 7N_Vigo_2015

O 7 de novembro, este vindeiro sábado terá lugar en Madrid unha manifestación estatal contra as violencias machistas. E o pasado domingo día 1, tivo lugar unha performance na Praza da Vila (Praza da Constitución) co motivo de denunciar as violencias machistas, a performance coa tematica de mulleres mortas no chan dando a man as ultimas mulleres que foron asasesinadas, a performace foi organizada pola plataforma feminista galega, foi o ultimo evento cara a manifestación do dia sete.

Falase de violencias en plural, porque aínda que o feminicidio é a expresión máis brutal do machismo, as súas violencias vivenlas cotidianamente o groso das mulleres. A violencia machista non consiste únicamente naquela que exercen os homes contra as súas parellas ou ex-parellas, senón que inclúe aquelas agresións que se producen en todo tipo de relación e en todos os estractos sociais.

Esta marcha é conovocada polo Movemento Feminista, que leva anos saíndo á rúa a loitar tal como poden vostedes comprobar nos meus post no meu blogue, saen a rúa para loitar por elas e polas súas irmás. As mulleres levan demostrando que son combativas e que dan a faciana ante cada agresión.

Elas non se sinten soas, xa que están acompañadas pola sociedade civil, por moitas persoas individuais e organizadas, por un gran número de persoas que non se recoñece feminista e que, con todo, é.

Na performance realizada o pasado domingo e a que tamen realizouse o xoves pasado piden que as acompañes, sexas home ou muller, loitando xuntos a elas e sumando a túa voz a de elas. Unete a súa causa xa que a súa causa e a de todos e todas, rompe o silencio. Se eres dun partido exixe medidas desde dentro da túa organización; se es dun movemento social comparte a causa, porque soas podemos pero xuntas e xuntos son mais fortes.

O 7 de novembro sal con elas á rúa. O Movemento Feminista encabezara unha manifestación que pretende concienciar sobre as violencias machistas, violencias que viven a diario. Queren pedirche que saias con elas por un día coa súa bandeira: a feminista. A que lles visibiliza a todas e a todos, a que lles vai a unir o 7 de novembro.

Porque a loita contra as violencias machistas precisa de todas e todos, xa que parala tan so depende de nos, participa nesta marcha o día 7.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Galería de imaxes [aquí]

Vídeo da performance

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: