ை Movistar comprométese a poñer 150 antenas no Hospital Álvaro Cunqueiro

ilcanallarubens_ ICR-Photographer© Hospital Álvaro Cunqueiro _ Vigo _ 2015Os médicos do Hospital Álvaro Cunqueiro están preocupados pola falta de cobertura no centro sanitario, en moitas zonas do hospital non se pode chamar nin consultar datos. O Sergas dá a médicos teléfonos wifi. Non é só unha cuestión de comodidade, tamén pode afectar á asistencia. Como se avisa a un facultativo de garda que está a durmir de que hai un problema cun paciente de, por exemplo, a uci? Os xefes de servizo que forman o comité técnico que trata de solucionar os problemas do novo hospital reclamaron melloras.

A dirección anuncioulles que Movistar vai instalar 150 novas antenas para mellorar a cobertura dentro do hospital xa que na actualidade só dispón de dúas antenas, dúas antenas que non dan un servizo optimo de cobertura. A instalación destes aparellos tardará aínda dous ou tres meses.

Os problemas de cobertura coñécense desde, como mínimo, o 29 de xuño, o día en que comezou a apertura das consultas externas do hospital, as queixas dos profesionais e dos usuarios nas redes sociais data por esa data. Non só hai zonas de sombra para chamar. Tamén é moi pobre, en xeral, a cobertura de datos de 3G. En moitas plantas de hospitalización o teléfono móbil é un aparello inservible. Movistar xa instalou un camión e un remolque con dúas antenas provisionais no mes de xullo nun dos aparcadoiros externos. Alí segue e continúan tamén os problemas de cobertura.

De entrada, o Sergas buscou unha solución provisional. Comprou teléfonos que funcionan a través de redes wifi, tanto para chamar como para recibir datos, segundo fontes do hospital. A rede da internet sen cables si está estendida por todo o Cunqueiro -é de pago para os pacientes- e, con estes aparellos, aprovéitase para salvar os problemas de cobertura. Pero aínda así é unha medida temporal e Movistar terá que instalar as antenas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: