ை O orzamento para 2016 ascende a 225,9 millóns de euros, dos cales 11,4 millóns de euros serán destinados a Políticas Sociais.

Grazas á Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS) sabemos esta información do concello de Vigo.

“Onte o goberno municipal aprobaba os orzamentos da cidade para 2016 grazas á maioría do PSOE. Falan os seus medios dunha morea de cartos para Políticas Sociais, dos orzamentos máis sociais do “universo”. Porén se ollamos polo miúdo as partidas decatámonos de que as desempregadas, as precarias, as empobrecidas… non somos as máis beneficiadas.

O orzamento para 2016 ascende a 225,9 millóns de euros, dos cales 11,4 millóns de euros serán destinados a Políticas Sociais. Destacamos as partidas dalgúns dos programas que levan máis cartos nesta concellería:

– Bolsas municipais libros e comedor > 1.200.000 €
– Axudas alugueiro vivenda, alimentos e enerxía > 1.640.000 €. Antes coñecido “Cheque Social, en 2015: 2 millóns €
– Axudas a Familias e Fondo de Emerxencia Despexos > 802.000 €. Antes “Axudas Emerxencia Municipais, en 2015: 445.000 €
– Programa de Infancia > 516.776 € (Clece)
– Programa Axuda no fogar > 3.189.984 € (Clece)
– CEDRO > 1.394.080 € (Clece)
– Albergue Municipal > 671.323 € (Grupo 5)

Sorprende as argucias que empregan. Unha delas: mudar os nomes das partidas co fin de aparentar a existencia de máis e novas axudas. Así, o antes coñecido como “Cheque Social” pasa agora a chamarse “Axudas alugueiro vivenda, alimentos e enerxía”. De igual modo, as “Axudas de Emerxencia Municipais” perden o seu nome para seren agora “Axudas a Familias e Fondo de Emerxencia para Despexos”. Os mesmos cartos que o ano pasado (2,4 millóns de euros) pero movidos entre partidas agora bautizadas con nomes máis “espectaculares”.

Nun repaso rápido polas partidas sociais vemos que as grandes beneficiadas non son as miles de veciñas que fixemos cola para solicitar o “cheque”, nin as que padecemos a falta de medios de Benestar Social que provoca atrasos insoportables na tramitación de axudas tan básicas como a RISGA. Para saber quen se beneficia dos nosos cartos temos que marchar até Madrid, alí é onde teñen o seu domicilio fiscal Clece ou Grupo 5. Só Clece, unha das empresas de Florentino Pérez, xestionará case a metade do orzamento desta concellería, con máis de 5 millóns de euros.

Para nós as migallas en forma de programas que lonxe de consolidar dereitos sociais apostan por institucionalizar a caridade e por darlle aínda máis pulo ao asistencialismo.

Fronte a súa miseria, dereitos sociais! Renda Básica das iguais e moitísimo máis!

Novembro 2015 ODS-Coia” ← Fonte

Nota persoal miña: Imos ver Señor Abel Caballero e señora Isaura Abelairas, as contas non saen, así que aquí alguén mente. Se o investimento en Servizos Sociais por habitante é a seguinte:
– Manzaneda 321€ / persoa
– Lugo 157,1€ / persoa
– Coruña 95,1€ / persoa
– Vigo 66,7€ / persoa
E Vigo ocupa a posición 2495 en España entre os que mais gastan en Servizos Sociais datos que calquera cidadán pode comprobar na páxina web do ministerio de facenda, Como poden dicir que son os que máis gastan?

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: