ை Dirixido a quen corresponda.

ilcanallarubens_eu_2014Fai cuestión de catro anos metinme no mundo bloguer animado por moitas persoas as cales vían os meus escritos, o principio do meu blogue foi a dar a compartir os meus sentimentos e angustias á xente, o blogue foi evolucionando ata o punto de recibir propostas de patrocinios os cales fun descartando xa que concibo que a información non debe estar sustentada por un patrocinio.

De escribir sobre sentimentos a angustias pase a escribir sobre a cidade onde vivo, informando das cousas que os mass media ou follas parroquiais subvencionadas polo concello ou outras institucións non falan, e iso que non falan son os movementos sociais, concentracións, manifestacións, testemuños das persoas dos barrios e ata o punto de desvelar reunións secretas e dar algunha exclusiva que logo eses mass media rouban e dana como novidade súa.

Todo o traballo que fago no meu blogue de wordpress o fágo sen patrocinio xa que concibo así, creo na sociedade de información veraz, sen patrocinios contando as cousas como son sen medo a nada nin a ninguén todo sen camiseta nin cores.

O dereito acceso á información defínese como o dereito dunha persoa de buscar, recibir e difundir información en poder do goberno ou administracións públicas. As Nacións Unidas, nunha das súas primeiras asembleas xerais afirmou que:

a liberdade de información é un dereito fundamental e… a pedra angular de todas as liberdades ás que están consagradas nas Nacións Unidas.

Todo o que escribo é con moita humildade tanta como son os medios que teño para cubrir actos ou eventos… non dispoño dunhas cámaras de fotos último modelo ou cámaras de vídeo última xeneración (todo os meus medios son unha porcallada)… con eses poucos medios que teño trato de defenderme como podo ou eles déixanme.

Pero non vou tolerar que ninguén pero ninguén poña a parir a xente como eu que humildemente cubrimos actos, eventos ou protestas. Non consentirei que esas persoas póñannos a nós mal cando o facemos todo de forma DESINTERESADA e algúns ou algunhas non valoran a nosa tarefa ou poñen trabas como é a denegación a acceso a poder informar cando se solicita con por favor e rogando ata o punto de insistir e insistir sen ter resposta ata rebaixarnos moito.

Cando digo o de insistir e insistir é porque é curioso que a clase política pide ter información cando ela pon trabas para informar, é curioso que os pequenos teñamos que denigrarnos ata eses puntos cando os que van pedindo datos ou información son os menos indicados. Estou totalmente farto de ler de compañeiros esa clase de titulares como escoitalo na clase política nas roldas de prensa.

Sei que para algúns eu mesmo sírvolles pero para unha gran maioría non, xa que pensan que son toxico cando son uns autenticos paranoicos tal como dixo un bo amigo meu chamado Berto que hai moitos militantes de partidos e xentes das cúpulas que son uns paranoicos como tamén xente do común.

É curioso tamén cando a clase política avisa aos medios como “FARO DE VIGO, LA VOZ DE GALICIA, ATLANTICO E O CORREO GALEGO” e resulta que non aparecen aos seus actos e entón recorren ao independente, ao pequeno…  pero bueno eu preséntome a eventos, actos ou accións cando son convidado como cando tampouco o son, xa que son insistente e son unha persoa que lle gusta mostrar o que os citados medios de información citados anteriormente non citan nas súas edicións en papel como dixitais, repito aínda que non me conviden ou me pidan ir xa estou ben feito a iso, pero bueno son insistente ata que un día diga basta o cal creo que non estará moi afastado para decir fin do conto.

Dóeme moito tamén cando hai algunha acción, evento ou acto do cal non me decato pero cando me decato de algo eu comunícollo aos meus compañeiros compartíndo vía privada e pública xa que creo no compañeirismo creo na unión xa que a unión fai que as cousas que ocorren sexan máis vistas e a unión fai a forza, pero dóeme moito cando vexo traballos de compañeiros os cales a min gustaríame estar de apoio, non son dos de perturbar ou molestar son dos de servir.

Vexo que hai nesta cidade onde vivo xente e xentuza que non nos valoran, xente como eu e os meus compañeiros/as que tentamos ensinar o que outros ocultan. E sei que algunhas persoas non contan conmigo pero eu sempre estou ahí aínda que non me queran.

Meu animo e as miñas forzas a xente como eu que sempre estamos ahí sempre cado nos precisan e cando non tamén nos ofrecemos.

Este texto publíqueino na miña conta de facebook o 4 de novembro de este mesmo ano despois de vir de dar unha volta ben grande polos canellóns da cidade para cansarme un pouco e pensar en todo o que fago xunto outros compañeiros e compañeiras acompañado por un bo mate amargo e logo metinme na cama moi calentito ou sexa de moi mala ostia pero a vez ben contento por escribir esto.

Grazas tamén polo voso apoio queridos lectoras e queridas lectoras, grazas por visitar este humilde blogue o cal lle poño sempre moitas boas intencions, grazas totais.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: