ை Xa hai data límite para Windows 7 e Windows 8

ilcanallarubens_windows 7_windows 8_microsoft_2015 00Microsoft confirmou na súa páxina web que en outubro de 2016 deixarán de venderse equipos con Windows 7 e Windows 8 preinstalado.

Péchase así un capítulo moi longo na historia deste sistema operativo xa que, ante as baixas vendas de Windows 8, os de Redmond decidiron ampliar o período de comercialización de Windows 7, que se converteu no segundo SO da firma con máis anos no mercado (nada menos que sete cursos), só por baixo do exitoso Windows XP, que estivo en tendas durante nove anos.ilcanallarubens_windows 7_windows 8_microsoft_2015 01

Á súa vez, Windows 8 (lanzado o 26 de outubro de 2012) dirá adeus definitivamente apenas catro anos máis tarde sin conseguir que o público apoiase de forma masiva a nova interface ‘Metro’ nin apostase por el en detrimento de Windows 7.

Tamén se despedirá despois de ver como o seu sucesor, Windows 10, cunha estratexia de comercialización totalmente distinta (actualizacións gratuítas) busca chegar a 1.000 millóns de equipos e integrar nun único paraugas a PC, móbiles, tablets e videoconsolas.

Fin do soporte para Windows 8 o nove de xaneiro de 2018

No caso do soporte a cada un dos sistemas operativos xestados en Redmond, este pasado xaneiro finalizou o soporte masivo para Windows 7, aínda que os usuarios e empresas que contratasen o soporte estendido seguirán recibindo actualizacións ata xaneiro de 2020. O mesmo ocorre no caso do seu antecesor, Windows Vista, que a pesar de ser discontinuado en 2012, terá este tipo de soporte estendido ata abril de 2017.

ilcanallarubens_windows 7_windows 8_microsoft_2015 02

No caso de Windows 8, Microsoft deixará de emitir actualizacións e prestar soporte técnico aos seus usuarios o próximo 9 de xaneiro de 2018, alargando cinco anos máis o seu ciclo de vida en forma de soporte estendido ata o 10 de xaneiro de 2023. Pola súa banda, o recentemente estreado Windows 10 chegará ao fin do seu ciclo de vida, sempre segundo os datos de Microsoft, o 13 de outubro de 2020.

Windows 7 segue sendo o SO máis usado

Aínda que Windows 10 xa conseguiu captar a 110 millóns de usuarios, o certo é que Windows 7 segue liderando cunha claridade abraiante o mercado dos sistemas operativos, cunha base instalada que supera claramente os 900 millóns de dispositivos.

ilcanallarubens_windows 7_windows 8_microsoft_2015 03De feito, e segundo datos de Net Applications, polo momento tanto o errado Windows 8 e mesmo Windows XP duplican o número de equipos que contan con este sistema en lugar de Windows 10, a pesar de que XP xa non conta con soporte técnico oficial de Microsoft nin parche de seguridade algún, arrastrando nada menos que 13 anos de vida ás súas costas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: