ை Basta de mentiras cos malos fumes

ilcanallarubens_Volkswagen_DasProblem_2015

Volkswagen foi ao primeiro que pillaron. Agora confírmase que non é o único. Resulta indignante que os fabricantes nos haxan enganado durante anos e todo iso baixo a condescendencia dos nosos políticos, a quen non lles importaron nin as consecuencias sobre a nosa saúde nin o cambio climático. Con prácticas irregulares consentidas e softwares trucados os fabricantes lograron medicións inferiores ás reais, tanto nas sustancias tóxicas (dióxido de nitróxeno), como en consumo de combustible (o CO2 que provoca o cambio climático). A permisividade e a ausencia de controis independentes non son só unha estafa masiva aos consumidores, senón tamén un ataque á nosa saúde e ao planeta.

Actualmente, a UE está a revisar os procedementos para medir as emisións reais de circulación e corrixir as condicións dos test actuais en laboratorio. Pero a desvergoña dos fabricantes non ten límites, e están a poñer como condición para asumir estes tests que as emisións permitidas aumenten ata o dobre das actuais!

A actitude do Goberno español está a ser nefasta, facendo de correa de transmisión dos intereses da industria na Comisión Europea. Os nosos ministros deben poñer a defensa da nosa saúde por encima dos intereses da industria automotriz. Para isto é necesario que: investíguese en profundidade a estafa realizada (fabricantes e número de coches comercializados), esíxanse responsabilidades aos fabricantes, e establézanse as medidas e procesos necesarios para evitar novas fraudes.

Asina e pide ao Goberno español que non utilice as nosas institucións para ilcanallarubens_peticion_2015defender os intereses dos fabricantes de automóbiles. A nosa saúde importa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: