ை Marcha por un hospital 101% público e de calida

ilcanallarubens_ICR-Photographer© Marcha ao Álvaro Cunqueiro_2015_Vigo

No día de onte domingo, na Detroit Viguesa, baixo un clima primaveral, ás 11 da mañá partían desde a Praza de América miles de persoas cara Beade-Valadares, persoas da cidade como tamén traballadores e traballadoras da sanidade procedentes de diferentes partes da Galiza.

A marcha foi convocada pola Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Vigo “Chuvi” en defensa da Sanidade Pública, a marcha era para esixir que o Hospital Álvaro Cunqueiro como centro sanitario sexa “101% público e de calidade”. A marcha púidose escoitar berros como “non a privatización”, “privatización, corrupción” e outras consignas máis que poderán ver no vídeo que achega este mesmo post.

Ninguén esperaba que se repetise a resposta da manifestación do 3 de setembro, pero os organizadores si crían que a marcha convocada para este pasado 15 de novembro alcanzase unha cifra superior á anterior realizada o día da folga xeral da sanidade viguesa do pasado 13 de outubro de 2015.

Os e as marchantes demandaron ao goberno de Galiza que Vigo non se vende e que garantan unha atención sanitaria de calidade, sen recortes e sen intervención das empresas concesionarias do Álvaro Cunqueiro que tan “só buscan o rendemento económico do complexo hospitalario construído con diñeiro público sen impórtalle a saúde dos enfermos”.

Os representantes dos traballadores volveron denunciar que o novo hospital, ademais de custar o triplo do orzamento, “dando beneficios ás empresas concesionarias”, sufriu importantísimos recortes no número de camas, “o cal se incrementase as listas de espera”, de servizos esenciais, como o laboratorio central, en persoal de quirófanos, “que son menos dos que inicialmente anuncio o SERGAS e está a causar constantes atrases en realización de operacións como suspensos delas mesmas”, tamén falta de materiais fai que o centro non estea en optimas condicións de rendemento, os profesionais da sanidade viguesa na chaira dos xardíns zen orientais esixiron que se atenda ás demandas, esixiron ao novo Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña que sente a negociar “de xesto serio e coa mente aberta” cos representantes para cambiar o modelo do Cunqueiro que “Nas semanas que leva aberto bastante tempo dando mostras que a novo modelo non funciona” tal así que levan os traballadores e traballadoras como tamén os propios pacientes e familiares destes presentando queixas e manifestándose nas redes sociais denunciando cada unha das deficiencias dando a súa propia vivencia atreves de escritos como tamén publicando fotografías probando das grandes diferenzas que hai.

A nivel persoal deste humilde bloguero o Hospital Álvaro Cunqueiro converteuse no prato do programa reality show “GRAN HERMANO” porque cada X tempo un responsable e xefes de servizo dimite.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Galería de imaxes [aquí]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: