ை En Marea presentou a candidatura por Pontevedra cara o 20D na Detroit Viguesa.

ilcanallarubens_en marea_vigo_2015_01

A coalición En Marea presentou hoxe en Vigo as súas listas ao Congreso e ao Senado pola provincia de Pontevedra para as próximas eleccións xerais, unha candidatura encabezada por mozos menores de 30 anos que representan a “ilusión colectiva de cambio” da sociedade actual.

O acto de presentación desta candidatura tivo lugar na Praza do Pobo Galego da Detroit Viguesa ás 13h deste día de hoxe, onde Rubén Pérez, portavoz municipal da Marea de Vigo, presentou aos principais integrantes das listas a modo de anfitrión, ve “ilusionante” que “un proceso que se abría con moitas dubidas pero con moita esperanza” nas pasadas eleccións municipais rematase na constitución de “espazos de ruptura” en distintos municipios do país que agora necesitan “de candidaturas como esta para seguir progresando no cambio político”.ilcanallarubens_en marea_vigo_2015_04

A lista de En Marea ao Congreso por Pontevedra está liderada por Alexandra Fernández de anova Irmandade nacionalista, unha moza viguesa de 27 anos á que preceden Ángela Rodríguez de Agora Podemos, de 26, e Josué Villar de Esquerda Unida, de 28 anos. Completan a lista Lara Rodríguez, Francisco Díaz, Branca Barrio e David Carballal, tamén conto o acto con colectivos como Salvemos A Fracha e Salvemos Pontevedra. Pola súa banda, a lista ao Senado está composta por María Vanesa Angustia Gómez, Marta Díaz e o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín.

Alexandra Fernández incidiu en que esta candidatura non é “a dun partido político, senón a dunha ilusión colectiva de cambio” baseada nun proxecto que reivindica “palabras tan necesarias pero tan esquecidas como a xenerosidade, a cooperación, o ben común ou a ética”.

“Son unha máis desa xeración formada que non ten perspectiva de futuro neste país nin posibilidade de acceder ao mercado laboral”, manifestou. Ángela Rodríguez é secretaria de Igualdade e Coordinación en Podemos Galicia e representa, segundo expresou, a unha parte da cidadanía “que pensa que temos que vir dignificar a política”; un feito que pasa por deixar “que a fagan as persoas normais, o 99% ao que nos debemos”. Esta é “a clave” para construír este “espazo” que a número dous ao Congreso por Pontevedra contrapuxo aos partidos “que van facer a súa campaña e a súa actividade política debéndolle todo aos bancos”.

“O que queremos rescatar non son os bancos, senon a democracia, as institucións, as persoas, as familias e principalmente as mulleres, que son as grandes afectadas das políticas de austeridade. Fronte ás políticas de austeridade imos facer políticas de dignidade”, salientou

Rodríguez engadiu que estas “políticas de dignidade” estarán garantidas a través dun código ético que apoie a En Marea como “unha ferramenta de cambio democrático” e que delimite “cuestións obvias, como que non imos recibir agasallos por facer ben o noso traballo”. Tras ela, Josué Villar, coordinador local de Esquerda Unida no municipio de Gondomar e concelleiro pola candidatura de unidade popular Gondomar Concello Aberto, explicou que En Marea busca “sumar para multiplicar” cun proxecto que defende “a unidade como camiño”, así como “a participación, a transparencia e a rendición de contas dos cargos públicos” para que “todo cambie”

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Galería de imaxes [Aquí]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: