ை Visitas guiadas polo Hospital Álvaro Cunqueiro

ilcanallarubens_ICR-Photographer© Visita Guiada Cunqueiro_01_2015

A tarde do martes dia 17 fun convidado polos membros da Corporación Municipal de Mos, concretamente Aurora Giráldez Leirós e Roberto Rodíguez Dasilva do grupo GañaMOS en calidade de fotógrafo a unha visita guiada no Hospital Álvaro Cunqueiro por Felix Rubial o xerente da área sanitaria de Vigo e o Conselleiro de sanidade de Galicia Jesús Vázquez Almuiña na mesma asistiron os Concellos de Cangas, Covelo, Gondomar, Nigrán e Ponteareas. Tamén estaba convidado á visita o goberno municipal de Moaña pero decidiron non ir.

Os asistentes a esta visita guiada concentráronse no hall da entrada principal do Hospital Álvaro Cunqueiro na cal estaban a esperar á chegada do Conselleiro de sanidade Jesús Vázquez, na espera tamén se atopaba o xerente da área sanitaria de Vigo Felix Rubial e a directora de Procesos Asistenciais Mar Vélez que foi a que foi a guia dende o principio ata o final.

Despois de que chegase o Concelleiro de sanidade do goberno de Galiza e posteriores saúdos protocolarios e unha breve charla empezaba a ruta “completa” polas dependencias do complexo ilcanallarubens_ICR-Photographer© Visita Guiada Cunqueiro_02_2015hospitalario, os asistentes á visita guiada que partiu a iso das cinco e media da tarde coñeceron os bloques técnico-quirúrxico, de hospitalización e de hospital de día; así como a área ambulatoria, a zona de consultas de pediatría e obstetricia da planta 4 a vela F na que contemplarían unha habitación individual , na devandita habitación Mar Vélez preséntolles o brazo multimedia e todos os servizos que nel atópase, e a zona de consultas xerais. No protocolo da visita que marcaba a emisiva que mando xerencia de xestión integrada de Vigo non se puido visitar o salón de actos xa que no mesmo había unha asemblea do sindicato CC.OO. da área de sanidade.

Os asistentes á visita algúns que non o coñecían quedaron sorprendidos
polas magnitudes do hospital e outros asistentes xa coñecían as instalacións, todos admiraron todo o mostrado pero uns cuantos criticaron as calidades da construción como é o exceso de pladur como algúns dicían que os aparellos de citas, quendas e o brazo multimedia xa os coñecían de velos en hospital Povisa.

O alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos… e o seu goberno acudiron e criticaron, deixando claro que o problema non é o edificio, aínda que tamén, pero sobre todo é a xestión do novo centro hospitalario. A Pazos se lle escapou entre os dedos o conselleiro de Sanidade, ao quería queixarse.

O obxectivo destas visitas baixo o meu punto de vista, punto de vista deste humilde bloguero é un intento de lavado de imaxe do Hospital Álvaro Cunqueiro xa que como ben saben estamos xa practicamente en campaña electoral un acto de propaganda tendente a confirmar ao PP e a convencer aos críticos. Propaganda dunha instalación a medio finalizar nas que as persoas usuarias quedan condenadas a utilizar o seu vehículo particular ou un transporte público deficiente para acceder a mesma, asumindo un custe desorbitado dun aparcadoiro privado. Tampouco podo obviar como se trataron aos traballadores e traballadores do sector sanitario no momento do traslado e aínda hoxe en día séguen tratandoles mal cando os traballadores e traballadoras póñenlles peito a todas as balas (peito ás balas = dando solucións á desorganización que existe no complexo hospitalario). O que se vendía como un hospital modélico, que ía ser a xoia da coroa do Sergas resultou ser unha das maiores chapuzas e privatizacións encubertas da historia do goberno do PP de Galiza e de España.

E se queren facer coñecer aos concellos da área sanitaria de Vigo o hospital que o fagan en pleno rendemento ou sexa polas mañás cando está cheo de pacientes e de todos os seus traballadores, para que vexan a verdadeira imaxe do hospital e o seu funcionamento pero non ás cinco da tarde cando aéreas do hospital están desérticas ou son meros stands de ikea.

Cabe sinalar que nesta visita guiada á cal asistín un feito sucedido anecdótico no transcurso da visita, foi unha paciente que pregunto aos asistentes á visita, de que era a manifestación e de que se trataba?, os que participaban na visita dixeron que non era ningunha manifestación con diversas gargalladas e polo baxini puden escoitar á paciente “que modais teñen estes deben ser políticos que non teñen outra cousa que facer que pasear coma se fose isto un museo”.

A visita finalizo no hall onde toda a visita empezou e as últimas palabras da guía foi espero que vos gustara e bo este é o voso hospital, agora tédesvos que facer a el.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Galería de imaxes [Aquí]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: