ை Vense unha residencia de maiores e pisos na esquina Vázquez Varela con Urzáiz

ilcanallarubens_ICR-Photographer©Urzaiz_Via Norte_Vazquez Varela_Vigo_2015.jpg

Emiten un informe favorable da rehabilitación do número 76 da rúa Urzáiz, nunha das esquinas con Vázquez Varela que expón a promotora Lois e Antelo C.B.

O inmoble, que ten unha protección “ambiental” no Plan Xeral, está dividido en catro plantas e o proxecto de recuperación ampliaríao en dúas. Algo máis da metade da superficie total (378 metros cadrados) destinarase a residencia de maiores, mentres que o resto (375) repartirase en sete vivendas.

O Concello xa aprobou varios proxectos anteriores sobre o edificio, pero Patrimonio non autorizou as obras. Agora a promotora expón unha reforma máis respectuosa coas condicións orixinais, mantendo a estrutura interior de madeira no canto de baleirar todo o inmoble, ademais de restaurar as fachadas como estaba previsto. O organismo dependente da Xunta aínda deberá emitir o seu informe e despois concederse a licenza de obras.

Nota persoal miña: O centro de maiores (residencia de maiores) que prometeu aquel goberno de Caballero para o BARRIO RIBADAVIA parando aquelas intencións do concelleiro SANTI DOMÍNGUEZ de facer un albergue agora se muda de barrio ao BARRIO DE CASABRANCA. Seguramente que o próximo en mudar sera a ESCOLA MUNICIPAL que prometeu tamén naquel entón para o BARRIO DE RIBADAVIA para outro barrio da cidade.

Algúns barrios agonizando mentres que outros pois se enchen de vida. VIVA A XENTRIFICACIÓN (modo retranca-on).

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Fotografias do 1 Xulio de 2010 cando o Barrio de Ribadavia a súa veciñanza manifestabase contra o albergue e a especulación urbanística do barrio e dita movilización reptiuse nos dias 10 e 22 de Xulio de 2010.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: