ை Por que quere Reuters prohibir as fotos RAW en favor do JPG?

 

ilcanallarubens_ICR-Photographer_2015

A axencia de noticias Reuters, unha das maiores do mundo, fixo saber esta semana aos seus colaboradores freelance que xa non aceptará o envío de fotos en formato RAW (ou CR2), sendo a partir de agora obrigatorio tomar fotos directamente en formato JPG. Así, sería este arquivo o que remitirían á axencia, que aceptaría -en todo caso- un post-procesado menor (destinado a pouco máis que recortar a imaxe ou corrixir os niveis).

A realidade non se edita, móstrase

Tan inusual cambio de política vén motivado, en parte, polo aforro de tempo que supón para un fotógrafo que debe informar en moitos casos sobre noticias urxentes. Pero hai un segundo factor, máis decisivo, que parte do feito de que a fotos RAW contan cunha calidade de imaxe moito maior en todos as sentidos grazas ao feito de ser un formato sen perda, o que tamén facilita enormemente a súa edición a posteriori para corrixir defectos da foto.

Segundo aclarou un portavoz da axencia a PetaPixel: “Como testemuñas oculares dos eventos cubertos por xornalistas dedicados e responsables, as nosas fotos deben reflectir a realidade. A pesar de que aspiramos a obter unha fotografía dotada da máxima calidade estética, o noso obxectivo non é interpretar artisticamente a noticia“.

E isto é do que Reuters quere fuxir: a axencia estima que no últimos tempo os fotógrafos estiveron abusando en exceso da edición de imaxes. Sen ir máis lonxe, no reputado premio World Press Photo realizado o ano pasado, ao redor do 20% do material remitido rexeitouse por esta razón, a pesar de que os organizadores manteñen unha política máis laxa respecto diso que as axencias de noticias. Segundo o responsable do certame, “parece que algúns fotógrafos non poden resistir a tentación de mellora esteticamente as súas imaxes, temos que saber que nos mostran o que pasa no mundo”.

ilcanallarubens_REUTERS_001_2015

O cambio de política de Reuters

En resumo, a prohibición de Reuters non pon en dúbida a adecuación técnica do formato RAW, senón que parte dunha obxección meramente ética, que pretende poñer trabas a quen busque ‘distorsionar a realidade’. E é que a política de edición de imaxes da axencia foise facendo cada vez máis restritiva, en consonancia cos cambios que está a levar a cabo a súa competencia. Esperan así evitar outro escándalo como o que xeraron hai 7 anos cando un fotógrafo freelance editou de maneira chafalleira varias imaxes da guerra do Líbano.

Agora, algúns fotógrafos temen que a decisión de Reuters xere unha avalancha de fotos cheas de erros (sobre todo cromáticos) que serán imposibles de solucionar en JPEG.

Vía | PetaPixel

Traducion de Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: