ை Así será o novo billete de 20 euros

ilcanallarubens_The new 20€_2015O novo billete de 20 euros inclúe novas características de seguridade, entre elas unha xanela con retrato que á luz vólvese transparente e que conta cunha figura da mitoloxía grega.

O novo billete de 20 euros comeza mañá a circular na zona do euro porque “o efectivo é e seguirá sendo unha importante forma de pago”, dixo o membro do comité executivo do Banco Central Europeo (BCE) Yves Mersch.

Será fácil recoñecer o novo billete de 20 euros, que como as denominacións de 10 e 5 euros, inclúe novas características de seguridade.

Entre elas atópase a xanela con retrato, preto da parte superior do holograma, que se volve transparente cando se ve a contra luz, dixo Mersch, que é responsable de Billetes no comité executivo do Banco Central Europeo.

A xanela mostra un retrato de Europa, unha figura da mitoloxía grega, que se ve a ambos os dous lados do billete.

“O efectivo é e seguirá sendo unha forma de pago importante. A introdución do novo billete de 20 euros é unha proba tanxible disto”, segundo Mersch na presentación do billete.

De momento imprimíronse 4.300 millóns de billetes de 20 euros novos para substituír aos da primeira serie, que seguen sendo de curso legal.

Mersch tamén inaugurou a nova exposición do euro na sede central do BCE, na que a nova serie de billetes ten gran importancia e que se poderá visitar ata o 29 de febreiro de 2016.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: