ை Que as abellas sigan voando no 2016

ilcanallarubens_abellas para o 2016_2015

2016 será un ano crave na protección das abellas e outros insectos polinizadores, dos que depende a produción de alimentos.

As abellas viven estes días o seu letargo invernal. Permanecen alleas á nube de contaminación que cobre Madrid e ao que ocorre no cume do clima de París, onde a nosa delegación, co respaldo de miles de cidadáns, está a esixir aos líderes políticos un futuro renovable para frear o cambio climático. Dan ganas de hibernar como elas, pero debemos seguir loitando para defender o noso medio ambiente, aquí e en París. Porque o cambio climático tamén afecta as abellas e outros polinizadores.

A outra gran ameaza é a agricultura industrial e o uso masivo de praguicidas. Sobre catro dos máis perigosos segue pesando unha prohibición que debe ser revisada en 2016 pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria. Tanto para Greenpeace como para máis de 180.000 persoas que só en España asinastes para que as protexa, o tema parece claro: pedimos que se manteñan as restricións e amplíense a outros produtos nocivos. E máis co novo informe da propia Autoridade Europea que volveu a analizar e a confirmar a ameaza que supoñen para as abellas.

Con todo, a nova Comisión Europea non parece tan preocupada polo futuro das abellas como a súa predecesora. Xa este ano autorizou un novo insecticida ao que lle foi retirada a autorización de comercialización en EEUU polo seu perigo potencial para as abellas. Tamén as grandes empresas químicas agardan e presionan para que se derroguen estas prohibicións.

Pero temos motivos para a esperanza. Ademais de contar co voso apoio, que nos permite seguir adiante, este ano tamén os apicultores quixeron recoñecer o noso labor na defensa deste insecto, concedéndonos a “Abella de ouro”. Grazas!

Por todo iso, 2016 será fundamental e debemos lograr que tanto a Comisión Europea como o novo Goberno español sintan a presión de centos de miles de persoas, preocupadas polo noso entorno, polas ilcanallarubens_peticion_2015
abellas e polo fundamental labor que desempeñan. Temos que estar aí, para seguir celebrando vitorias e para poder gozar, a próxima primavera, vendo voar ás abellas.

Rubens Rocha [@IlCanallarubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: