ை Somos a última xeración que pode facer algo

ilcanallarubens_Paris-and-vicinity-179898-smalltabletRetina_2015

Foto expedia.es

30 de Novembro de 2015.- Somos a última xeración que pode facer algo, Barack Obama. O cume sobre o cambio climático celebrada en París buscará limitar a un máximo de 2 °C o quecemento do planeta e salientar no desenvolvemento de novas tecnoloxías enerxéticas sustentables.

A conferencia sobre o clima COP21 empezou este luns en París en presenza de 150 xefes de Estado e de Goberno cun enérxico chamado a negociar un acordo global contra o cambio climático que preserve a vida das xeracións futuras no planeta.

“Nunca estivo en xogo algo tan importante nunha reunión internacional”, dixo o presidente francés François Hollande ao abrir a conferencia- “porque se trata do futuro do planeta, do futuro da vida”.

Nese contexto cargado de dramatismo polos atentados terroristas, máis de 150 xefes de Estado e de Goberno manifestaron nos seus discursos unha mensaxe de unidade, á vez a favor da protección ambiental e contra o terrorismo.

“Non opoño a loita contra o terrorismo á loita contra o cambio climático”, dixo Hollande.

A COP21, que levará a cabo ata o 11 de decembro, buscará limitar a un máximo de 2º C o quecemento do planeta con relación á media da era preindustrial no século XIX. Por encima dese límite, a Terra sufrirá consecuencias catastróficas que volverían inhabitable moitas rexións dun mundo superpoblado: ciclóns, secas, subida do nivel dos océanos, caída de rendementos agrícolas, extinción de especies.

De momento, 183 países de 195 presentaron os seus INDCs, os compromisos nacionais de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro responsables do cambio climático. Os que non presentaron aínda compromisos son apenas un puñado de países, entre eles Libia, Corea do Norte, Venezuela, Usbequistán, Nepal, Panamá e Nicaragua, segundo o sitio web da ONU. O presidente Nicolás Maduro, anunciado ata último momento na lista de oradores do cume, non se presentou.

A REVOLUCIÓN DA ENERXÍA LIMPA

Contrariamente ao ocorrido na capital danesa, China e Estados Unidos -os dous principais emisores de gases de efecto invernadoiro- poxan esta vez por un acordo. O presidente chinés, Xi Jinping, chamou aos países desenvolvidos a estar “á altura dos seus compromisos” financeiros ao fornecer 100.000 millóns de dólares para 2020 destinados a financiar proxectos climáticos no Sur e incrementar a súa axuda pasada esa data.

Vinte das principais economías mundiais comprometéronse a duplicar o seu investimento en Investigación e Desenvolvemento (I+D) de enerxías e tecnoloxías baixas en carbono no próximos cinco anos, ata alcanzar un total de 20.000 millóns de dólares. O anuncio, feito á primeira hora da tarde no Cume do Clima de París (COP21), forma parte da iniciativa “Misión Innovación, acelerando a revolución da enerxía limpa” promovida polo multimillonario Bill Gates para axuntar a iniciativa público-privada na promoción das tecnoloxías libres de carbono.

Os 20 países que se sumaron a Misión “Innovación” suman o 80 % da I+D en enerxías limpas e son, entre eles: Australia, Canadá, Estados Unidos, China e a India. A iniciativa forma parte doutra aínda maior, “Breakthrough Energy Coalition”, que reúne a 28 grandes investidores de dez países, que se comprometen a proporcionar o capital inicial para o desenvolvemento de tecnoloxías punteiras nos grandes laboratorios do mundo, así como a facilitar despois o seu desenvolvemento a gran escala.

Entre os multimillonarios que acompañan a Gates (o maior doante) nesta iniciativa están Jeff Bezos (fundador de Amazon), George Soros (Fondos), Mark Zuckerberg (Facebook), ou Meg Whitman (Hewlett Packard).

O obxectivo, segundo Gates, é “poñer miles de millóns para buscar novos enfoques tecnolóxicos que permitan acelerar a transición cara a unha economía baixa en carbono, en definitiva, acelerar as solucións ao cambio climático”. “Estamos ante unha asociación sen precedentes entre o sector privado e o público en todo o mundo para promover enerxía limpa para todos”, dixo o presidente estadounidense, Barak Obama, que xunto ao francés François Hollande actuou de anfitrión da iniciativa, xunto a Gates.

Os membros destes proxectos recoñecen a necesidade de acelerar o desenvolvemento de solucións de enerxía limpa para que coincida coa urxencia de loitar contra o cambio climático.

‘O MUNDO ESTÁ Ao BORDO DO SUICIDIO’

O pontífice presionou aos líderes que se reúnen no cume de París (COP21) a alcanzar un acordo porque, na súa opinión, é ‘agora ou nunca’. ‘Non estou seguro, pero podo dicir que é agora ou nunca máis. O primeiro cume creo que foi en Tokio e fíxose pouco. Cada ano os problemas son máis graves’, dixo o Papa durante a súa viaxe de regreso de África.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: