ை Shell prevé suprimir uns 2.800 empregos

ilcanallarubens_Shell prevé_2015

Foto laizquierdadiario.com

Os recortes son parte do proceso de fusión con BG, que a firma comprou por 47.000 millóns de libras.

A petroleira anglo-holandesa Shell anunciou que prevé suprimir uns 2.800 empregos a nivel global como parte do proceso de fusión con BG, que comprou o pasado abril por 47.000 millóns de libras (uns 65.000 millóns de euros).

Nun comunicado á Bolsa de Londres, Shell precisou que estes recortes, equivalentes ao 3 % da forza laboral combinada, sumaranse á supresión xa anunciada doutros 7.500 postos de traballo en todo o mundo.

A compañía, con sede na Haia, afirma que “esta reestruturación é necesaria para lograr os beneficios esperados” tras a fusión de ambas as empresas, un proceso que debe completarse a principios de 2016.

O conselleiro delegado, Ben van Beurden, subliña no comunicado que “este é un acordo estratéxico que converterá a Shell nunha empresa máis rendible e forte nun mundo en que os prezos do petróleo poderían manterse baixos durante un tempo”. “Agora pediremos a aprobación de ambos os accionariados a fin de completar a operación a principios de 2016”, dixo. Neste sentido, un dos principais accionistas empresariais de Shell e BG, Standard Life, cuestionou os beneficios da transacción.O director de investimentos, David Cumming, declarou á cadea pública BBC que “é difícil que a operación funcione” cos prezos do barril de petróleo por baixo dos 40 dólares, o seu mínimo desde a crise de 2008. Cumming non descartou que os accionistas “voten en contra” da fusión das dúas empresas, “pois a penalización é bastante baixa”, polo que Shell “estará baixo presión nos próximos meses para explicar como vai funcionar esta operación”.

O pasado xullo, Royal Dutch Shell informou dunha redución do seu beneficio neto no primeiro semestre deste ano do 14 %, fronte ao ano anterior, ata os 8.416 millóns de dólares, e o recorte de 7.500 empregos en 2015. A enerxética BG obtivo no primeiros nove meses deste ano un beneficio neto de 2.363 millóns de dólares, un 40,7 % menos que no mesmo período do ano anterior, debido principalmente á caída dos prezos do petróleo.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: