ை YPF e Dow na procura ‘shell gas’

ilcanallarubens_YPF_2015

Foto infobae.com

O proxecto supoñerá un investimento de 500 millóns de dólares en 2016 para extraer o gas non convencional.

O Goberno arxentino anunciou un acordo comercial entre a petroleira controlada polo Estado, YPF, e a filial da estadounidense Dow, que supoñerá un investimento de 500 millóns de dólares en 2016 para o desenvolvemento dun proxecto de gas non convencional, informaron fontes oficiais.

Tras unha reunión entre altos cargos do Executivo e empresarios petroleiros, o presidente arxentino, Mauricio Macri, presentou unha nova etapa para o desenvolvemento masivo do Orejano, primeiro proxecto de gas non convencional do país, situado na sureña provincia de Neuquén, cunha superficie de 45 quilómetros cadrados.

Este convenio permitiría triplicar, cara a fins de 2016, a actual produción de gas do bloque e alcanzar os 2 millóns de metros cúbicos diarios, segundo detallou a Presidencia arxentina nun comunicado. Nese marco, a compañía estadounidense investirá 500 millóns de dólares o próximo ano, monto que se suma aos 350 millóns xa concretados. Ambas as compañías traballan neste proxecto desde 2013, cando subscribiron o primeiro acordo.

Macri destacou a importancia do “traballo en conxunto entre unha empresa arxentina como YPF e unha multinacional tan respectada como Dow” e salientou que a produción de gas permitirá “crecer, xerar emprego e contribuír co desenvolvemento arxentino”.

Para o Presidente, este investimento “é particularmente benvida”, porque “a situación enerxética hoxe no país é delicada”, recolle o comunicado.

YPF tamén está a traballar con Chevron na provincia de Neuquen para cru de Esquitio (shell oil) cun investimento total de 3.500 millóns de dólares, informou o xornal Wall Street Journal.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: